Natureza morta, de Jia Zhangke

[…] Os teus primeiros filmes foron realizados dun xeito realista máis tradicional, pero desde O Mundo empregaches elementos fantásticos. Como mudou o teu compromiso co realismo? Penso que o surrealismo forma unha parte crucial da realidade chinesa. Durante os últimos dez anos ou así China experimentou a clase de cambios que se poden dar nun espazo de… Read More Natureza morta, de Jia Zhangke

A linguaxe e as falas – Sección Trazas na 16ª MICE do Museo do Pobo Galego

O Cineclube de Compostela volve participar un ano máis na programación de Trazas, sección da 16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que terá lugar do 6 ao 10 de abril en Santiago de Compostela. Aquí o texto do noso socio Iván Cuevas que enmarca e contextualiza a nosa colaboración coa MICE: O uso dunha ou… Read More A linguaxe e as falas – Sección Trazas na 16ª MICE do Museo do Pobo Galego

📺 Cineclube na casa #6: Que foi de nós? Fragmentos do arquivo da TVG (1986-1993)

“Así nace unha sensación inxenua, pero profunda, de rasgar un veo, de atravesar a opacidade do saber e do acceder, tras dunha longa viaxe incerta, ao esencial dos seres e das cousas. O arquivo actúa coma un desposuimento; pregadas nalgunhas liñas aparece, non somente o inaccesible, senón o vivo. Anacos de verdade actualmente vencidos aparecen… Read More 📺 Cineclube na casa #6: Que foi de nós? Fragmentos do arquivo da TVG (1986-1993)

📺 Cineclube na casa #5: Fake news e feiras do gando. Un paseo polo arquivo dunha tele local

“As galegas só podemos chufarnos nas estatísticas de hábitos culturais no que se refire á asistencia a verbenas e á lectura de prensa diaria. As cabeceiras locais resisten, estou certa, grazas ás historias de proximidade que ninguén máis contará se desparecen. (…) Nos primeiros dousmil asegurábannos que, ao igual que os ‘call centers’, os xornais… Read More 📺 Cineclube na casa #5: Fake news e feiras do gando. Un paseo polo arquivo dunha tele local

O Cineclube de Compostela deposita os seus fondos na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación

Hoxe, 21 de xullo de 2020, depositamos os nosos fondos na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, o lugar onde comezamos as nosas proxeccións no ano 2001. En febreiro de 2017 recibimos a proposta de Lourdes Pérez, directora da Biblioteca, de crear unha colección coa nosa identidade, para recoller e preservar unha… Read More O Cineclube de Compostela deposita os seus fondos na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación

Noites brancas, dias pretos. Passeio polo cinema finês

“A história do cinema experimental finês está inçada de lagoas. A prática totalidade das películas realizadas por Peter Widén estám perdidas; Erkki Kurenniemi deixou sem rematar a grande parte das suas; dos 76 minutos originais de Herra Lahtinen lähtee lipettiin (O Senhor Lahtinen despede-se à francesa), um híbrido de Nyrki Tapiovaara realizado em 1939, só… Read More Noites brancas, dias pretos. Passeio polo cinema finês

A señorita Ogin

  “Poucas carreiras na interpretación poden igualarse coa de Tanaka Kinuyo. Na excelente canteira do cinema xaponés, moi poucas como ela -na parte da súa enorme filmografía que sobreviviu, e dentro desta, a parte que traspasou as fronteiras xaponesas cos imprescindibles subtítulos- conquistaron a cámara transmitindo autenticidade e emoción, modernidade e clasicismo, ofrecendo na pantalla… Read More A señorita Ogin

Privilexio

“A Inglaterra de Privilege (1967) é unha nación cuxas institucións perseguen desapiadadamente a ampla conformidade entre o seu pobo. Os partidos conservador e laborista, xa sen ningunha diferencia discerníbel entre eles, formaron unha coalición de goberno: unha ditadura benigna bipartidista que cre que pode manter o poder de maneira indefinida mentres os impulsos rebeldes dos… Read More Privilexio