Praza da Oliveira (2)

O mércores 6 de xuño, ás 11 da mañá, o Cineclube de Compostela e a Rede Feminista Galega convocaron unha rolda de prensa conxunta, diante do pazo de Raxoi, para informar aos medios da aplicación arbitraria de taxas por parte do Concello. Velaquí o texto remitido á prensa: “O concelleiro asegurou que nin coa ordenanza… Read More Praza da Oliveira (2)

Presentación do informe sobre a visita do Papa

http://blip.tv/play/hptJgpC_dwI Aproveitando a súa presenza no Culturgal para presentar o libro Non Coniliados, o Cineclube de Compostela decidiu ceder este espazo a Esculca (Observatorio para a defensa de dereitos e liberdades) que espuxo o seu informe sobre a conculcación de dereitos civís que sufriron as habitantes da capital da Galiza nos días previos e durante… Read More Presentación do informe sobre a visita do Papa

Insistimos: A propiedade intelectual é un roubo

(“Non pode haber unha voda sen banquete, e non pode haber un banquete sen whisky”. Whisky a esgalla) FESTA DO SÉTIMO ANIVERSARIO DO CINECLUBE DE COMPOSTELA VENRES 4 DE ABRIL. A PARTIR DAS 20:00 HORAS: Proxección: Whisky a esgalla! (Whisky Galore!, Alexander Mackendrick, 1949, Escocia, 82′) Teatro: Berrobambán Teatro Concertos: Emilio José Ataque Escampe Labregos… Read More Insistimos: A propiedade intelectual é un roubo

Wa aleikum salam

Ousmane Sembène (1 de xaneiro de 1923-9 de xuño de 2007): “No que di respeito a min, xa non apoio cuestións de pureza. A pureza para min é unha cousa do pasado… Sempre estou a me cuestionar. Non ando a buscar unha escola nin unha solución, senón a preguntar para facer pensar a outros”. “Esta… Read More Wa aleikum salam

Como facer un filme #1

Fax de Miramax rexeitando a proposta de Robert Kramer para a realización dun filme en 1998 que levaba por nome Ground Zero. “O escritor amosa a súa incapacidade para expresar ideas, sentimentos, pensamentos e palabras de maneira coerente” ou, aínda, “… a historia [do filme] carece de sentido e hai unha absoluta despreocupación pola estrutura…”

Quen era Brad Will?

  Artigo de Ernesto Ardito (corealizador do filme Raymundo) para a estrea da nova Asociación de documentalistas arxentinos (DOCA). Velaquí o empezo: “Dous balazos no peito. As bestas que ciscan o horror sobre o asfalto quítannos un amigo, un compañeiro, un documentalista que exercía a súa profesión co norte claro de dar a coñecer ao… Read More Quen era Brad Will?