Marzo 2023

MARZO 2023 MEIGAS DENTRO Mércores 1 de marzo ás 21:30 no PichelVampiro(Vampyr, Carl Theodor Dreyer, Alemaña-Francia, 1932, 65′, VOSG) Mércores 8 de marzo ás 21:30 no PichelNon son unha bruxa(I Am Not a Witch, Rungano Nyoni, Zambia-Reino Unido-Francia-Alemaña, 2017, 93′, VOSG) Do mércores 15 ao martes 21 de marzoMICE: Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Mércores… Read More Marzo 2023

A ascensión, de Larisa Shepitko

“Desde todas as perspectivas, A ascensión é unha extraordinaria fazaña. Larisa Shepitko foi unha directora de enorme intelixencia, habilidade e inquebrantable visión que posuía un agudo coñecemento nos máis profundos aspectos da condición humana, o que fai a súa perda aínda máis tráxica. Co’A ascensión, Shepitko creou unha estética sufocante, que implica cinematografía en branco… Read More A ascensión, de Larisa Shepitko

A hora de liberación chegou: Fóra o colonialismo, de Heiny Srour

“A idea de facer este filme xurdiu en 1969 despois de me reunir con representantes da Fronte de Omán en Beirut. Daquela, había unha conspiración de silencio arredor desta revolución. Palestina estaba de moda, pero Omán practicamente non existía para o resto do mundo árabe. Isto é o que fixo de min, unha libanesa, unha… Read More A hora de liberación chegou: Fóra o colonialismo, de Heiny Srour

Xuño 2022

XUÑO 2022 Mércores 1 de xuño ás 21:30 no PichelSimone Barbes ou a virtude(Simone Barbès ou la vertu, Marie-Claude Treilhou, Francia, 1980, 77′, VOSG) Mércores 8 de xuño ás 21:30 no PichelHércules(Herkules, Roswitha Haas, Alemaña, 2007, 55′, VE) Sábado 11 de xuño ás 19:30 no PichelFESTA DO 21º ANIVERSARIO DO CINECLUBE DE COMPOSTELA

Simone Barbès ou a virtude, de Marie-Claude Treilhou

Nesa altura, tiña un traballo polo día. Sempre tiven traballos peculiares e desta volta estaba traballando como acomodadora dun cine porno, o que non era algo moi habitual daquela. Traballaba con Ingrid Bourgoin, que é a protagonista de Simone Barbès, e esa rapaza abriu un mundo novo para min. Era unha persoa moi dominante: unha… Read More Simone Barbès ou a virtude, de Marie-Claude Treilhou

Os ilusos, de Tewfik Saleh

“Moitos probabelmente etiquetarían Os ilusos (Tewfik Saleh, 1972) como un filme “sobre Palestina”. Pero, collido por este director exipcio dunha historia do asasinado escritor palestino Ghassán Kanafani e producido por Siria, o filme coloca os seus elementos un contra outro desafiando calquera etiqueta. Internándose no espazo, a cámara leva tres homes cara a un Eldorado… Read More Os ilusos, de Tewfik Saleh

A city where everything is possible. Selección de pezas sobre o turismo

A NATUREZA E OS HOMESGalicia é un país montañoso de profundos releves, en cuxos montes, vales, prados e bosques se atopan todas as tonalidades do verde. Esta exuberancia perenne e harmónica da Natureza influíu historicamente na personalidade dos seus habitantes, os galegos, tanto como os setecentos quilómetros de ondulada costa que dá ao Océano Atlántico.… Read More A city where everything is possible. Selección de pezas sobre o turismo

Stalker, de Andréi Tarkovski

Nunha entrada do seu diario datada o 3 de xullo de 1975, catro anos antes de que se completara Stalker e mentres aínda loitaba para que O espello tivera unha estrea en condicións, Tarkovski pregúntase: «Como madura un proxecto? É obviamente un proceso moi misterioso e imperceptíbel. Continúa independentemente de nós, no subconsciente, cristalizando nas… Read More Stalker, de Andréi Tarkovski

A hora incógnita, de Mariano Ozores

“Ao ofrecer un decorado local como escenario posíbel para unha crise internacional, a película A hora incógnita exemplifica o trazo máis importante do cinema apocalíptico español: a dialéctica entre o nacional e o transnacional. A natureza única deste filme dentro da produción cómica de Mariano Ozores explica por que foi maioritariamente ignorado polos críticos, malia á calidade do… Read More A hora incógnita, de Mariano Ozores

Abril 2022: Apocalipse

ABRIL 2022 Mércores 6 de abril ás 21:30 no PichelA hora incógnita(La hora incógnita, Mariano Ozores, Estado Español, 1964, 100′, VO) Mércores 20 de abril ás 21:30 no PichelFíos(Threads, Mick Jackson, Reino Unido-Australia-EUA, 1984, 110′, VOSG) Mércores 27 de abril ás 21:30 no PichelStalker(Сталкер, Andréi Tarkovski, Unión Soviética, 1979, 163′, VOSG)

Traballos invisíbeis – Trazas na 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Trazas é o nome da sección que vimos programando para a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego desde hai uns anos. Nesta ocasión colaboramos co artista visual Vicente Vázquez para seleccionar as pezas de Trazas, que complementan o tema xeral da MICE este ano: o traballo. Desde os seus primeiros momentos,… Read More Traballos invisíbeis – Trazas na 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Natureza morta, de Harun Farocki

Cinco ensaios aforísticos sobre a pintura de naturezas mortas na Holanda do século XVII, de arredor de tres minutos cada un, serven de parénteses para catro secuencias documentais de fotógrafos creando naturezas mortas modernas para publicidades de revistas. Estes dous niveis, a pesar de estar definidos por opostos (estatismo/movemento, contar/amosar) están vinculados por motivos e… Read More Natureza morta, de Harun Farocki