Paisano, de Roberto Rossellini

O segundo filme de posguerra de Roberto Rossellini foi estreado nos EUA co nome de Paisan, e un pode comprender por que os distribuidores quixeron utilizar un título que lles resultase familiar aos norteamericanos co significado de “amigo” ou “compatriota” para un traballo que na súa raíz é unha reflexión sobre as virtudes da fraternidade. O título italiano, Paisà (paisano), tamén é en dialecto napolitano un termo afectuoso para unha persoa da mesma vila. A colección de historias de Rossellini bosquexa unha imaxe de todo un país, Italia nos anos da súa liberación da ocupación alemá e o fascismo, evocando seis mundos locais moi específicos. Os episodios individuais rastrexan a ruta da liberación italiana do sur ao norte, pero alén diso non existe ningunha unidade inmediata de ton ou temática. A terríbel traxedia do asasinato da moza Carmela no primeiro episodio, situado en Sicilia, e a masacre indiscriminada de partisanos no episodio final, no val do Po, poden resultar incongruentes coa comedia do segundo episodio, no que a un policía militar bébedo lle rouba os zapatos un pillabán sen teito de Nápoles, ou co quinto episodio, no que un convento franciscano do norte de Italia treme ata os seus alicerces cando se atopa albergando a un protestante e a un xude. Pero Rossellini ten sempre un tema: Italia no brutal período de 1943-1944 e o choque de culturas e linguaxes que ten lugar coa invasión dos exércitos aliados e a súa loita abríndose paso cara o norte da península.

[Tirado de “Paisan: More Real Than Real”, por Colin MacCabe. Publicado en Criterion]

Mércores 14 de setembro de 2022 ás 21:30 no Pichel
Paisano
(Paisà, Roberto Rossellini, Italia, 1946, 134′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s