SOCIAS

Queres facerte socia do Cineclube de Compostela?

As socias do Cineclube son unha parte fundamental para que poidamos existir, xa que é grazas a estas que se mantén a nosa asociación e se cubren os custes do aluguer do local e das copias de follas de sala e dos cartaces. As socias pagan unha cota mensual de 3 euros (estudantes ou paradas) ou 5 euros (traballadoras), só durante o tempo no que hai sesións (nove meses ao ano). As persoas socias teñen acceso ao fondo de filmes, revistas e libros do Cineclube, poden acudir as reunións e tamén participar na realización da programación e o reparto de traballo. Se queres saber máis, a mellor maneira é que te achegues a algunha das nosas actividades para coñecernos e preguntarnos outras dúbidas. As nosas proxeccións son os mércores ás 21.30h no soto da Gentalha do Pichel (rúa de Santa Clara, nº 21).

 

Os socios protectores deste curso 2017-2018

O Cineclube de Compostela tamén conta coa axuda e o respaldo dos socios protectores. Neste curso serán: A Reixa Tenda, A Medusa Bar, a librería Chan da Pólvora, Embora, NUMAX, Moha Rúa Nova, O Trece Bar, Malas Pécoras, a librería Couceiro e Histeria Teatro.