📺 Cineclube na casa #5: Fake news e feiras do gando. Un paseo polo arquivo dunha tele local

“As galegas só podemos chufarnos nas estatísticas de hábitos culturais no que se refire á asistencia a verbenas e á lectura de prensa diaria. As cabeceiras locais resisten, estou certa, grazas ás historias de proximidade que ninguén máis contará se desparecen. (…) Nos primeiros dousmil asegurábannos que, ao igual que os ‘call centers’, os xornais… Read More 📺 Cineclube na casa #5: Fake news e feiras do gando. Un paseo polo arquivo dunha tele local

Algo máis que un (Cine) Clube

“A miña afección ao cinema comezou como a de calquera adolescente da época. Primeiro foron as sesións infantís dos domingos, onde reinaban «as do Oeste», o cinema cómico estadounidense (Chaplin, sobre todo) e as de adoutrinamiento católico (Fabiola [1948] de Alessandro Blasetti, La Señora de Fátima [1951] de Rafael Gil, ou El Judas [1952] de… Read More Algo máis que un (Cine) Clube

Cinema experimental australiano (Sesión II)

“En 1970 Ubu transformouse na Sydney Filmmakers’ Co-Op, que funcionou ata 1986. Co paso dos anos tanto Thoms como Perry adentrarianse no terreo da longametraxe comercial, o primeiro coa súa narrativa Palm Beach (1980) e o segundo co seu ensaio The Refracting Glasses (1992), que tanto en común ten co cinema de Chris Marker. Ensaístico… Read More Cinema experimental australiano (Sesión II)

Cinema experimental australiano (Sesión I)

“Paralelamente en Sydney nacía outro grupo de cineastas, máis compacto, que se bautizaron como Ubu Films, en homenaxe á irreverente e proto-surrealista personaxe de Alfred Jarry, e tiñan na revista Ubunews o seu órgano difusor. Ubu Films funcionou a partir de 1965 e o seu era un cinema con menos inquietudes narrativas e sociais e… Read More Cinema experimental australiano (Sesión I)

Todo o mundo é alguén. Rexistros dunha escena galega.

“Esta tendencia [a que os documentais musicais xiren arredor da personalidade de figuras carismáticas] ten sentido, porque o pop é, como indicou Simon Reynolds, “un fenómeno audiovisual, unha forma da arte híbrida na que as letras e a personalidade son tan importantes como a música”. A música é case indisociable da xente que a fai, e así… Read More Todo o mundo é alguén. Rexistros dunha escena galega.

A noite polar

Fas A noite polar na Universidad del Cine de Buenos Aires. De que maneira pensas que marca a película o estar feita nun contexto estudantil? Florencia Romano: Creo que fai da película algo colectivo. Algo moito máis colectivo que calquera outra película. Se ben todas son feitas por un grupo, aquí as solucións son máis… Read More A noite polar

Novembro 2017

[Cartaz de Edita R. Oca] Mércores 1 de novembro ás 21:30 no Pichel A cura (キュア [Kyua], Kiyoshi Kurosawa, Xapón, 1997, 111′, VOSG) Mércores 8 de novembro ás 21:30 no Pichel Os nenos lobo Ame e Yuki  (おおかみこどもの雨と雪 [Ōkami Kodomo no Ame to Yuki], Mamoru Hosoda, Xapón, 2012, 117′, VOSG) Mércores 15 de novembro ás 21:30 no Pichel… Read More Novembro 2017

MICE: 1977-2017, Catro décadas de cinema etnográfico

O luns 29 de maio dá comezo a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que este ano conmemora corenta anos de vida do Museo do Pobo Galego. O Cineclube de Compostela colabora nesta edición cunha programación de cinco sesións agrupadas baixo o título 1977-2017, Catro décadas de cinema etnográfico. Neste ciclo poderase ver un percorrido… Read More MICE: 1977-2017, Catro décadas de cinema etnográfico

Sesión especial para a festa do 17: Falas raras

“A sesión que titulamos Falas raras propón unha viaxe audiovisual polo mundo a partir das voces de distintas linguas minorizadas: kawésqar, occitano, quechua, afar, catalán, asturleonés, bretón, guaraní… Os seus falantes comprométense coa supervivencia da lingua falándoa, cantando e contándonos a súa vida nela. E as súas voces chégannos de todas partes do mundo a través doutra… Read More Sesión especial para a festa do 17: Falas raras

MelonaFest#2: sesión de curtas experimentais musicadas en directo

O Cineclube de Compostela colabora co MelonaFest #2 acollendo unha nova sesión especial de curtametraxes experimentais musicadas, neste caso a cargo de Lois G. Carlín e MontañaMuerte. MontañaMuerte é o proxecto en solitario de CosmonautC (Haecceidad, Orquesta Pánico), no que emprega trebellos tecnolóxicos de todo tipo (dun theremin a unha gameboy) para crear ambientes místicos… Read More MelonaFest#2: sesión de curtas experimentais musicadas en directo

Curtocircuito: Carta Branca ao Cineclube de Compostela

O festival Curtocircuito deunos carta branca para programar unha sesión que terá lugar este luns 6 de outubro ás 22:00 no Teatro Principal. A selección de filmes, que consideramos representativa da historia do Cineclube, comeza co director co que se iniciaron as nosas proxeccións: Aki Kaurismäki. En A fundición (Valimo, 2007), parte do filme colectivo… Read More Curtocircuito: Carta Branca ao Cineclube de Compostela