VÍDEOS

Grecidade (Pablo Cayuela, 2013, 35′)

Vídeo que documenta o proceso de gravación do segundo elepé da banda compostelana DasKapital, ‘Grecia’ (2013).

__________________

Folga xeral (Pablo Cayuela / Xan Gómez Viñas, 2012, 14′)

O seguinte vídeo foi armado a partir de fragmentos de filmes proxectados en datas recentes, na súa meirande parte, no Cineclube de Compostela. Pola folga xeral.

__________________

Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo (Pablo Cayuela / Ramiro Ledo, 2011, 38′)

Serie de 3 vídeos que analizan as tres fontes existentes con imaxes de Galicia, de Carlos Velo.

__________________

Das Kapital, Festa do 10º aniversario do Cineclube de Compostela (Cris Lores, 2011, 34′)

Concerto de Das Kapital na festa de 10º aniversario do Cineclube de Compostela

__________________

Urro, Festa do 10º aniversario do Cineclube de Compostela (Cris Lores, 2011, 19′)

Concerto de Urro na festa de 10º aniversario do Cineclube de Compostela

__________________

Die velos sind für die hippies (Cristina Ultreia Silva, 2008, 44”)

Animación realizada no ciclo de fotografía do Mestre Mateo.

__________________

Malandrómeda, Festa do 10º aniversario do Cineclube de Compostela (Cris Lores, 2011, 59′)

Concerto co que Malandrómeda abriu a festa de 10º aniversario do Cineclube de Compostela, celebrada o 11 de xuño de 2011 na Gentalha do Pichel.

__________________

Reflexións na Casa das Atochas (Xosé Bocixa, 2011, 29′)

Mediometraxe incluída no filme colectivo en construción sobre o CSO Casa das Atochas.

__________________

A caza dos gatos (Lara Tigre, 2011, 6′)

A caza dos gatos está aberta. Á vista de todos. Á luz do sol.

__________________

O proceso de Artaud (Ramiro Ledo, 2010, 13′)

Exclusión de Antonin Artaud do grupo surrealista tal e como foi filmada por Carl Theodor Dreyer en 1927.

__________________

O río é noso (Realización colectiva, 2004, 12′)

Curtametraxe documental realizada na primavera de 2004 contra a construción dun encoro en Frádegas, na cunca alta do río Ulla. Producido polo Cineclube de Compostela.

__________________

(podes ver os vídeos premendo no título ou dende a nosa canle de Vimeo)