A hora de liberación chegou: Fóra o colonialismo, de Heiny Srour

“A idea de facer este filme xurdiu en 1969 despois de me reunir con representantes da Fronte de Omán en Beirut. Daquela, había unha conspiración de silencio arredor desta revolución. Palestina estaba de moda, pero Omán practicamente non existía para o resto do mundo árabe. Isto é o que fixo de min, unha libanesa, unha entusiasta desta revolución. Así que comecei a batalla da produción, e só puiden facelo porque era bolseira en París, onde preparaba o doutoramento na Sorbona. O tema non parecía interesar aos produtores e a miña falta de experiencia e a miña idade non os animaba a confiar en min, tampouco. Tardei dous anos. Finalmente, dei atopado un produtor: a televisión alemá.

Outras dificultades xurdiron cando iniciei a rodaxe. Para comezar, o contexto no que esta tiña lugar: é un país moi duro, sen estradas, etc. Para facer o filme, basicamente tivemos que camiñar case 500 km a pé e estar tres meses ocultos. Fisicamente foi ben duro. Tiña un cámara experimentado e o enxeñeiro de son francés, pero a miña relación con eles era algo tensa, ao contrario que a relación co asistente iemení. Eles querían interferir coa produción desde a perspectiva do maio do 68. Pero eu sentía que non tiñan dereito a facelo porque non coñecían a rexión, nin a lingua, nin a xente. Eles estaban máis interesados nas cuestións militares, mentres que eu me centraba no cambio humano e social, especialmente no que fai ás mulleres e os nenos. E algunhas das escenas, especialmente a que vai sobre a liberación da muller, foron sabotadas, consciente ou inconscientemente. Non sei…

En calquera caso, o equipo técnico foi heroico porque arriscaron a vida e filmaron un mes mais do que estipulaba o contrato. E aínda non cobraron… Esta experiencia fixo que me decatara da importancia de que as mulleres dominen a técnica cinematográfica. Non creo que este problema se tivera dado igual cun equipo totalmente feminino… A actitude dos guerrilleiros era distinta. Apoiábanme moito máis como muller cineasta. Os nómades liberábanse máis facilmente das súas ideas retrógradas que os intelectuais europeos coa súa cultura burguesa…”

[Declaracións de Heiny Srour tiradas da entrevista de Magda Wassef: “I hope and pray for a massive influx of women into all fields of the film industry”]

Mércores 21 de setembro de 2022 ás 21:30 no Pichel
Tecnicamente así de sinxelo
(Techniquement si simple, René Vautier, Francia, 1971, 11′, VOSG)
A hora de liberación chegou: Fóra o colonialismo
(ساعة التحرير دقت –  بره يا إستعمار [Sa’at el-Tahrir Daqqat – Barra ya Isti ‘Mar], Heiny Srour, O Líbano-Francia-Reino Unido, 1974, 64’, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s