☁️Desenterrando identidades: o cinema de Aotearoa

O cinema neozelandês está atravessado por esta visom telúrica, que parte da espetacularidade natural destas remotas ilhas para achegar-se a um reconhecimento político das gentes indígenas que as habita.… Read More ☁️Desenterrando identidades: o cinema de Aotearoa

🩸A terceira parte da noite, de Andrzej Żuławski

Cando se estreou a primeira longametraxe de Andrzej Żuławski, A terceira parte da noite (Trzecia część nocy, 1971), só puido ser recibida como un gran escándalo. Incluso no contexto relativamente aberto e experimental do cinema polaco da “terceira xeración”, o filme de Żuławski foi unha afrenta ao período máis “sacro” tanto da historia polaca como… Read More 🩸A terceira parte da noite, de Andrzej Żuławski

🕶️Smithereens, de Susan Seidelman

BE: No outono de 2017, a película debut da directora, Smithereens, e a súa secuela, Buscando a Susan desesperadamente, proxectáronse nas pantallas do cinema Barbican. No seu debut Smithereens, Seidelman segue ó personaxe de Wren, unha punk adolescente de Nova Jersey, recentemente chegada á gran cidade, interpretada por Susan Berman. A segunda película de Seidelman,… Read More 🕶️Smithereens, de Susan Seidelman

Maio 2023

MAIO 2023Mércores 3 de maio ás 21.30 no PichelSmithereens(Smithereens, Susan Seidelman, EUA, 1982, 93’, VOSG) Mércores 10 de maio ás 21.30 no PichelO soño(المنام [Al-manam], Mohamed Malas, Siria, 1988, 47’, VOSG) Mércores 24 de maio ás 21.30 no PichelA terceira parte da noite(Trzecia część nocy, Andrzej Żuławski, Polonia, 1971, 107’, VOSG) Mércores 31 de maio ás 21.30 no PichelDesenterrando identidades:… Read More Maio 2023

🪄Cincenta, Nadezhda Kosheverova e Mikhail Shapiro

Tras regresar a un Leningrado esnaquizado pola guerra, Nadezhda Kosheverova filmou un conto de fadas. Con Zolushka (Cincenta) deulle as costas á realidade e tomou un camiño resoltamente estético. Fiel a individuos e ideas, rodeouse de colaboradores próximos e vellas amizades. O director de teatro e deseñador de produción Nikolay Akimov fora o seu primeiro… Read More 🪄Cincenta, Nadezhda Kosheverova e Mikhail Shapiro

🤡Freak Orlando, de Ulrike Ottinger

“No 1981 estreábase un dos produtos visuais máis perturbadores das últimas décadas no tocante ás subversións das olladas tradicionais: Freak Orlando, dirixida pola cineasta alemá Ulrike Ottinger, onde se desprega un potente catálogo de «curiosidades» ao xeito  dos circos ou das barracas de finais do século XIX e comezos do XX. Un híbrido de dous claros… Read More 🤡Freak Orlando, de Ulrike Ottinger

🏠A caída da casa Usher, de Sibley Watson, Webber, Harrington e Švankmajer

Poe, como moitos escritores, é un sintetizador do que lle precedeu, refacendo as súas fontes para adaptalas á súa propia axenda literaria, combinándoas xunto á tradición gótica para crear un conto que se converteu nun arquetipo da conciencia literaria colectiva. A esencia do logro de Poe é que altera radicalmente as súas fontes, desposuíndoas de… Read More 🏠A caída da casa Usher, de Sibley Watson, Webber, Harrington e Švankmajer

Abril 2023

ABRIL 2023Mércores 12 de abril ás 21.30 no PichelA caída da casa Usher(The Fall of the House of Usher, James Sibley Watson / Melville Webber, EUA, 1928, 13’, VOSG)A caída da casa Usher(The Fall of the House of Usher, Curtis Harrington, EUA, 1942, 10’, VOSG)Usher(Usher, Curtis Harrington, EUA, 2000, 37’, VOSG)A caída da casa Usher(Zánik domu… Read More Abril 2023

18ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

O Cineclube de Compostela volve encargarse da sección Trazas na XVIII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que comeza este mércores. A programación do Cineclube trasládase pois esta semana ás sesións desta sección do festival, este ano dedicada ao concepto do rururbano. TRAZAS18ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICODo 15 ao 21 de marzo… Read More 18ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Non son unha bruxa, de Rungano Nyoni

O novo paradigma da bruxería non depende da “teoría dunha volta ás tradicións”, é dicir, a idea de revitalizar tradicións máxico-relixiosas como un arma efectiva contra o avance da modernización. Ao contrario, quen acepta este paradigma defende que os conceptos tradicionais de bruxería xa non poden ser aplicados nas cambiantes condicións socio-económicas. No canto de… Read More Non son unha bruxa, de Rungano Nyoni

Vampiro, de Carl Theodor Dreyer

[…] Unha metáfora que Dreyer emprega para explicar o efecto no espectador que pretendía con Vampyr, frecuentemente citada na literatura académica, demostra a maneira na que o director é quen de converter unha limitación técnica nunha virtude estética: «Imaxina que estamos nunha habitación ordinaria. De súpeto decatámonos de que hai un morto de pé detrás… Read More Vampiro, de Carl Theodor Dreyer

Marzo 2023

MARZO 2023 MEIGAS DENTRO Mércores 1 de marzo ás 21:30 no PichelVampiro(Vampyr, Carl Theodor Dreyer, Alemaña-Francia, 1932, 65′, VOSG) Mércores 8 de marzo ás 21:30 no PichelNon son unha bruxa(I Am Not a Witch, Rungano Nyoni, Zambia-Reino Unido-Francia-Alemaña, 2017, 93′, VOSG) Do mércores 15 ao martes 21 de marzoMICE: Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Mércores… Read More Marzo 2023

O derradeiro malón, de Alcides Greca

“O derradeiro malón é unha anomalía. Éo no sentido cinematográfico e tamén nun sentido político-cultural. No contexto da produción cinematográfica, alén dos seus achados formais […] destaca por formar parte dunha serie de filmes que na súa representación fan visíbel a conflitividade social rural e urbana da segunda década do século XX. Pero indo máis lonxe… Read More O derradeiro malón, de Alcides Greca

Febreiro 2023

FEBREIRO 2023 Mércores 1 de febreiro ás 21:30 no PichelO lamazal(La ciénaga, Lucrecia Martel, Arxentina-Francia-España-Xapón, 2001, 103′, VO) Mércores 8 de febreiro ás 21:30 no PichelCrónica dun neno só(Crónica de un niño solo, Leonardo Favio, Arxentina, 1965, 79′, VO)Presentada por Carolina Cappa Martes 14 de febreiro ás 20:00 no Pichel Asemblea aberta do Cineclube de Compostela… Read More Febreiro 2023