A ascensión, de Larisa Shepitko

“Desde todas as perspectivas, A ascensión é unha extraordinaria fazaña. Larisa Shepitko foi unha directora de enorme intelixencia, habilidade e inquebrantable visión que posuía un agudo coñecemento nos máis profundos aspectos da condición humana, o que fai a súa perda aínda máis tráxica. Co’A ascensión, Shepitko creou unha estética sufocante, que implica cinematografía en branco e negro crúa, unha banda sonora única e perturbadora, e actuacións convincentes e desgarradoras. O máis importante é que A ascensión está asentada sobre a maxistral capacidade de Shepitko para facer malabares con asuntos existenciais extremadamente complexos que teñen que ver co sentido da existencia humana mentres simultáneamente mantén o foco no núcleo emocional do filme: a historia de dous partisanos rusos capturados polos alemáns na Segunda Guerra Mundial que son forzados a realizar unha decisión atroz: colaborar ou non. A ascensión é de visión obrigada para calquera con interese naquilo que o gran cinema pode acadar. 

Parécenos axeitado deixarlle as palabras de conclusión á propia Larisa Shepitko: “Hai cousas que son sagradas para todos nós. Son as ben definidas nocións do ben e o mal, ou a nosa moral. Son cualidades tan eternas coma o amor á patria. Que é isto? Para que nacemos neste mundo? En que imos contribuír? Como facermos a vida mellor? Na análise final, as miñas posibilidades como persoa. As túas posibilidades”.

[Tirado do texto de Peter Wilshire. “A Harrowing Exploration of War and the Meaning of Human Existence: The Ascent (Voskhozhdeniye, Larisa Shepitko, 1977), Offscreen 20:3, marzo 2016. Accesible en <https://offscreen.com/view/war-the-meaning-of-human-existence-the-ascent – fn-40-a>]

Mércores 28 de setembro de 2022 ás 21:30 no Pichel
A ascensión
(Восхождение [Voskhozhdeniye], Larisa Shepitko, URSS, 1977, 111′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s