
A NATUREZA E OS HOMES
Galicia é un país montañoso de profundos releves, en cuxos montes, vales, prados e bosques se atopan todas as tonalidades do verde. Esta exuberancia perenne e harmónica da Natureza influíu historicamente na personalidade dos seus habitantes, os galegos, tanto como os setecentos quilómetros de ondulada costa que dá ao Océano Atlántico. Ademais, a súa situación periférica no conxunto español, ocupando o Finisterre (“Fin da Terra”) europeo, fixo dela un país singular e distinto.
Galicia esperta a simpatía admiradora de cantos a ela se achegan. O viaxeiro sorprende unha e outra vez da variedade infinita da paisaxe. (…)
UN POBO ALEGRE
Tantos pobos distribuídos pola súa xeografía dan en Galicia un cúmulo anual de festas case inverosímil: máis de dúas mil.
Hainas para todos os gustos. Desde o “curro” ou “rapa das bestas”, onde os cabalos salvaxes son baixados do monte ao val e alí marcados co ferro e cortadas as súas crinas, ata a romaría de Santa Marta de Ribarteme, n’As Neves (Pontevedra), en cuxa procesión relixiosa participan, portando o seu ataúde ou dentro del, levados por amigos e familiares, os que no transcurso do ano recuperaron a saúde e salvaron a vida por mediación da Santa. Na alma popular galega, sobre todo no medio rural, a morte é algo aceptado, o mundo dos mortos e dos vivos están sempre próximos.
Pero en todas as romarías, cuxos escenarios son os numerosos santuarios e ermidas dispersos por Galicia, hai ademais do elemento relixioso o profano, onde non faltan o baile a música, a diversión e o bo comer e beber.
[Tirado de folletos turísticos do Xacobeo 93]
Mércores 11 de maio ás 21:30 no Pichel
A city where everything is possible: Selección de pezas sobre o turismo