Vella alegría, de Kelly Reichardt

P: Cando a xente fala da política en Vella alegría tenden falar sobre as emisións radiofónicas de esquerdas que os personaxes escoitan no automóbil. Pero pensas que a estética do teu filme, o minimalismo do seu deseño e execución, ou o feito de que sexa unha sinxela representación de dous homes, son igualmente “políticos” no seu contido?
R: Sempre pensei que o filme era acerca destes liberais perdidos e a súa cada vez máis profunda viaxe cara o bosque ata que deveñen un con el. Coido que non é un filme abertamente político, pero está situado neste particular momento da historia e ten que ver cos ideais perdidos do liberalismo. Unha persoa como Kurt, que non quere vivir de maneira convencional, cara onde o leva ese desexo hoxe? Moitas veces referinme ao filme en termos de “western new age”, e penso que nese sentido é bastante tradicional, exceptuando que a competición entre estes dous tipos é máis ben do tipo «Eu son máis aberto que ti». Aínda son competitivos, e penso que a súa incapacidade para chegar a conectar de verdade, de aproveitar esa oportunidade que teñen o un co outro, fala do estado do liberalismo en moitas maneiras. Pero todo isto está moi soterrado. Con sorte, cando ves o filme, só estarás a pensar nos dous personaxes e a relación que teñen.

[Tirado de “O son do silencio. Entrevista con Kelly Reichardt“, publicado por James Ponsoldt en Filmmaker]

Mércores 4 de maio ás 21:30 no Pichel
Vella alegría
(Old Joy, Kelly Reichardt, EUA, 2006, 76′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s