Xogos de verán, de Ingmar Bergman

“Na historia do cinema existen cinco ou seis filmes dos cales nos gusta limitar a crítica a estas soas palabras «É a máis fermosa! É a mellor». E é que non hai meirande eloxio que este. Por que estendernos, en efecto, en falar máis de Tabú (Tabu, 1931), de Viaxe por Italia (Viaggio in Italia, 1954), ou de A carroza de ouro (Le Carrosse d’or, 1952). Como a estrela de mar que se abre e se pecha, estes filmes saben ofrecer e agochar o segredo dun mundo do cal son á vez as únicas depositarias e o fascinante reflexo. A verdade é a súa verdade. Lévana no máis profundo de si mesmas e, con todo, a pantalla desgárrase en cada plano para propagala aos catro ventos. Dicir dalgunha delas que é o máis fermoso dos filmes é dicilo todo. Por que? Porque é así. E só o cinema pode permitirse empregar este razoamento infantil sen sentir unha falsa vergoña. Por que? Porque se trata do cinema. E porque o cinema se basta a si mesmo.

Para alabar os méritos de Welles, de Ophuls, de Dreyer, de Hawks, de Cukor, mesmo de Vadim, bastaranos con dicir: “Isto é cinema!”. E cando, a modo de comparación, xorde baixo a nosa pluma o nome de grandes artistas dos séculos pasados, non quereríamos dicir outra cousa. Pero, podemos imaxinar, pola súa parte, a un crítico alabando a derradeira obra de Faulkner dicindo: “Isto é literatura”; de Stravinsky, de Paul Klee: “Isto é música”, “Isto é pintura”? Moito menos aínda, de feito, en relación con Shakespeare, Mozart ou Rafael. Tampouco se lle ocorrerá a un editor, aínda que se tratase de Bernard Grasset, de promocionar a un poeta co slogan: “Isto si que é poesía”. Mesmo Jean Vilar, cando intenta arranxarse como mellor dá con O Cid, sentiría vergoña se puxese nos carteis: “Isto si que é teatro”. Sendo así que “Isto si que é cinema”, máis que un contrasinal, constitúe aínda o grito de guerra do vendedor, como tamén o é do afeccionado cinematográfico. En resumo, en relación co cinema, o menos importante de entre todos os seus privilexios é certamente o de erixir como razón de ser a súa propia existencia e facer, ao mesmo tempo, da ética a súa estética.

Dixen cinco ou seis filmes, mais hai outra máis, porque hai que citar Xogos de verán (Sommarlek, 1950) como o máis fermoso dos filmes.

[Tirado de “Bergmanorama”, por Jean-Luc Godard. Publicado en Cahiers du cinéma, nº85, xullo de 1958]

Mércores 5 de outubro de 2022 ás 21:30 no Pichel
Xogos de verán
(Sommarlek, Ingmar Bergman, Suecia, 1951, 96′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s