Os ilusos, de Tewfik Saleh

“Moitos probabelmente etiquetarían Os ilusos (Tewfik Saleh, 1972) como un filme “sobre Palestina”. Pero, collido por este director exipcio dunha historia do asasinado escritor palestino Ghassán Kanafani e producido por Siria, o filme coloca os seus elementos un contra outro desafiando calquera etiqueta. Internándose no espazo, a cámara leva tres homes cara a un Eldorado no Golfo. Pero a través dos reveses e anulacións, igual que o filme os leva a unha rúa sen saída, sen terra, a vida nos campos de refuxiados lévaos de feito dende ningures, a través da terra, a un non-lugar. Totalmente invisíbeis, as fronteiras son a presenza máis palpábel no filme. Máis aínda, malia a usar o recurso de tres homes de diferentes idades e distintos contextos, esta extensión no tempo e na experiencia é un espellismo. Castrados pola situación igual que seguramente o fora o condutor do camión na batalla, o heroe “triplo” é apenas un home: o palestino. Do mesmo xeito, se a cámara parece abrirse ao espazo mentres fai travelling por el, ou fozar no tempo mediante os flashbacks, estas extensións son ilusorias, todas enfróntanse contra a redución de opcións. Neste filme, un dos mellores (e raros) dramas de suspense real do cinema árabe, os individuos e a xente, o mundo e o tempo, o desexo e a lei, todos escintilan e finalmente se consumen uns aos outros.

[Tirado de Lizbeth Malkmus e Roy Armes, Arab & African Film Making. London / New Jersey: Zed, 1991, p. 107]

Mércores 18 de maio ás 21:30 no Pichel
Os ilusos 
(المخدوعون [Al Makhdu’un], Tewfik Saleh, Siria, 1972, 107′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s