Hércules, de Roswitha Haas


Estes filmes son “mockbusters”, é dicir, filmes que se montan na cola de éxitos de vendas. Os primeiros xurdiron na década de 1950, pero nos noventa e a comezos dos 2000 tivo lugar unha avalancha de imitadores mal animados de Disney Pixar que agora están atopando unha segunda vida en liña. Un vídeo cómico de YouTube de xuño de 2019, que analiza e se burla dos clips de Ratatoing, acumulou xa máis de 8 millóns de visitas. Aínda así, os mockbusters espertan moitas preguntas. Como se fan? Por que non os demandan os grandes estudos? E como se sente a xente detrás deles co seu traballo? Vitor Brandt e Daniel Turini escribiron o guión para Monstros e Monstrinhos de Vídeo Brinquedo, inspirada en Monsters vs Aliens de DreamWorks. Só lles levou tres días. O filme resultante son as aventuras duns científicos chalados que cazan monstros e ten 1,1 estrelas sobre 10 en IMDb.

A única información que tiñan para traballar era o póster de Monsters vs Aliens. E as présas fixeron que os erros entraran na montaxe final. “Había un personaxe chamado Fred”, di Brandt, “que en Brasil é a abreviatura de Frederico. No último minuto decidiron cambiarlle o nome a Guto. Buscaron ‘Fred’ no guión e fixeron un ‘substituír todas’ con Guto. Pero había unha liña na que o tío enfadado de Fred chamáballe ‘Frederico’. A substitución automática cambiouno por Gutoerico, que non ten ningún sentido.” Turini di que a el lle dixeron que escribise máis diálogos que accións e que evitara as escenas nas que os personaxes corrían porque eran máis difíciles de animar. Pero como os filmes se baseaban moitas veces en conceptos de películas aínda non estreadas, en realidade non había moito que copiar. “Era divertido facer algo completamente libre”.

[Tirado de “Forget Ratatouille, here’s Ratatoing! The rise and rise of the ‘mockbuster’“, de Amelia Tait para The Guardian]

Mércores 8 de xuño ás 21:30 no Pichel
Hércules
(Herkules, Roswitha Haas, Alemaña, 2007, 55′, VE)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s