Simone Barbès ou a virtude, de Marie-Claude Treilhou

Nesa altura, tiña un traballo polo día. Sempre tiven traballos peculiares e desta volta estaba traballando como acomodadora dun cine porno, o que non era algo moi habitual daquela. Traballaba con Ingrid Bourgoin, que é a protagonista de Simone Barbès, e esa rapaza abriu un mundo novo para min. Era unha persoa moi dominante: unha forza vital e reconfortante enfrontándose ao estraño mundo da sala de cine porno. Tería sido moi fácil deixarse arrastrar pola melancolía traballando aí, pero ela conseguiu convertelo nunha sorte de espectáculo. Era unha das súas virtudes -inxectar todo cunha mestura de rabia e fondo humor que a convertía nunha exhibición constante de fogos de artificio.

O propio espazo do cinema tiña algo de fascinante, como un espello que reflectía o mundo exterior, e como eu estudara algo de filosofía, era sensible a ese concepto do dentro e o afora da representación -esas eran o tipo de cousas que me emocionaban. Empecei a ver de forma gradual o espazo como unha especie de teatro, que é por suposto unha caste de imaxe especular. Era incrible: dunha banda estaba o cinema e a propia sala, doutra a imaxe da rúa e os constantes intercambios entres eses universos a través da intermediación das mulleres que traballaban aí. Atopei nisto algo particularmente cinematográfico que me chamou moito a atención.

[Tirado da entrevista con Marie-Claude Treilhou realizada por Éric Biagi e Andrea Izzerillo para o Festival de Cinema Queer de Sicilia]

Mércores 1 de xuño ás 21:30 no Pichel
Simone Barbes ou a virtude
(Simone Barbès ou la vertu, Marie-Claude Treilhou, Francia, 1980, 77′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s