Stalker, de Andréi Tarkovski

Nunha entrada do seu diario datada o 3 de xullo de 1975, catro anos antes de que se completara Stalker e mentres aínda loitaba para que O espello tivera unha estrea en condicións, Tarkovski pregúntase: «Como madura un proxecto? É obviamente un proceso moi misterioso e imperceptíbel. Continúa independentemente de nós, no subconsciente, cristalizando nas paredes da alma. É a forma da alma o que a fai única; de feito, só a alma decide o “período de xestación” oculto desa imaxe que non pode ser percibida pola mirada consciente». A primeira mención do proxecto que se convertería no filme chamado Stalker atópase nunha entrada de diario do día de Nadal de 1974, onde o pensamento é igualmente abstracto: «Neste momento podo ver unha versión cinematográfica de algo dos irmáns Strugatsky como totalmente harmoniosa na forma: acción ininterrompida e detallada, pero equilibrada por una acción relixiosa, enteiramente no plano das ideas, case transcendental, absurda, absoluta».

Na mesma entrada, está claro que Tarkovski tamén estivo lendo O idiota, xunto con A morte de Iván Ilich de Tolstoi, pensando en cada caso: Como sería adaptalos? Esta era a forma en que traballaba: moitos, moitos proxectos en marcha ao mesmo tempo, todos eles imperceptiblemente alimentándose de ideas os uns aos outros. Seguramente se poden ver certas similitudes, na escala espiritual se ben non na social, entre o heroe de Dostoievski, o xentil Príncipe Myshkin, e a figura misteriosa que se converteu no Stalker (tamén xentil, inquisitivo, non de todo deste mundo). No alambique de ideas que se axitaba ao comezo da vida de Stalker, tamén habería outros elementos: Hamlet, como se mencionou anteriormente, outro príncipe xentil (moi diferente de Myshkin!) e Hoffmann. Mentres tanto, Tarkovski dispón nas páxinas do seu diario unha conexión retrospectiva con Solaris: usar a forma de ciencia ficción no seu novo filme, di, permitiralle abordar legalmente o tema da relixión. Non puidera abordar este tema n’O espello, a pesar de todas as liberdades que sen dúbida desprega aquel grande filme. De feito, hai indicios de relixión no texto orixinal dos Strugatski (a oración, por exemplo, é unha parte moi importante do mundo mental do protagonista) que se retoman e adornan na película rematada, sen facer do traballo, creo eu, unha alegoría cristiá.

[Tirado de Stalker: Meaning and Making, publicado por Mark Le Fanu en Criterion]

Mércores 27 de abril ás 21:30 no Pichel
Stalker
(Сталкер, Andréi Tarkovski, Unión Soviética, 1979, 163′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s