Vós non me queredes; tampouco eu vos quero a vós…

Maurice Pialat recolle a Palma de Ouro que o xurado, presidido por Yves Montand, lle concedeu en Cannes 1987 por So o sol de satán e fálalle ao auditorio:
“Non vou traizoar a miña sona… Esta tarde énchenme de ledicia, máis ca outra cousa, os berros e as pitadas que me estivestes a botar. Se vós non me queredes, pódovos dicir que tampouco eu vos quero a vós.”

Podedes ver o vídeo acó (e un bocado máis longo, nestoutra ligazón)