Camada negra

camada-negra-manuel-gutierrez-aragon

“O filme Camada negra, de Manuel Gutiérrez –director de Fala, mudiña [Habla, mudita, 1973]–, producida por José Luis Borau, tras ser retido polo comité censor do ex Ministerio de Información e Turismo, foi aprobado na súa totalidade grazas ao premio que recibiu no último Festival de Berlín. As razóns que se aduciron para a prohibición foron “de orde pública”: temíase un ataque da extrema dereita aos locais onde a película se exhibise. Razón que suporía no seu equivalente o peche inmediato de todas as librarías do país por temor a eses ataques ou a anulación do resultado das eleccións para non disgustar aos “incontrolados”. Estraño razoamento que quedou anulado mecanicamente cando Camada negra foi premiada en Berlín e podía coñecerse no estranxeiro a nova da prohibición.

A relación entre “incontrolados” e o filme encóntrase no mesmo argumento deste: un grupo de mozos fascistas destrozan librarías, viven en comunidade, relacionanse coa Dirección Xeral de Seguranza… Un rapaz novo, que vive con eles, quere emulalos, quere sentirse “home”, quere ser tamén un heroe… Porén, este esquema argumental non responde realmente á realidade do filme. Camada negra non é tanto un filme “de denuncia” da realidade dos “incontrolados” (aínda que dalgún xeito queda explícita) como unha valoración do sentido da heroicidade nos nosos tempos. Iso é o que, antes da prohibición, dicía o seu director: “Aínda que o filme, nunha primeira lectura, sexa sobre os incontrolados, realmente trata do heroísmo. Até tal punto que eu teño certo temor de que o espectador saia un pouco defraudado se cre que vai ver un testemuño sobre a estrema dereita, porque non é un documental, senón que ten un tratamento distanciado, como de conto (…). É dicir, dalgún xeito, o tratamento que lle dei ao heroe do filme é o mesmo que se lle pode dar nun ‘western’ a un ‘heroe positivo’: o espectador vai estar atrapado nunha contradición, en canto que nun filme feito por alguén de esquerdas adoita haber malos e bos, dereita e esquerda. Porén, aquí o que acontece é que o tratamento narrativo, e digo narrativo, que se lle deu ao filme é o tradicional que se dá aos heroes positivos e non aos negativos”.

[Tirado de “A estraña prohibición de Camada negra” por Diego Galán en Triunfo, 10 sep. 1977, Ano XXXII, n. 763, p. 42]

Mércores 4 de decembro ás 21:30 no Pichel
Camada negra
(Camada negra, Manuel Gutiérrez Aragón, Estado Español, 1977, 89′, VO)

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s