Mikey e Nicky

Mikey and Nicky, Elaine May2.jpg

“Cando May saltou á fama co seu partenaire Mike Nichols a finais dos 50, era unha das poucas mulleres prominentes na comedia. Cando estaba dirixindo as primeiras tres das súas catro películas, era case literalmente a única directora muller traballando no sistema de estudios de Hollywood. (…) Ser unha muller cineasta en Hollywood era, como o describiu a crítica Barbara Quart, “durante décadas o que semellaba unha carreira de relevos… pasando dunha soa man a outra”. Só unha muller, Dorothy Arzner, estaba traballando como directora na chamada Idade de Ouro de Hollywood. Logo, durante unha década máis ou menos, o bastón caeu, e non se fixo ningún filme de Hollywood dirixido por unha muller. A antiga actriz Ida Lupino recolleuno nos 50, aínda que a maioría das súas películas foron feitas independentemente, fóra do clube de rapaces do sistema de estudios. Logo, escribe Quart, “están os 70, e Elaine May”.

(…)

Para as feministas da segunda vaga (moitas das cales eran unha xeración máis novas que May) que desexaban unha representación máis firme en Hollywood, a preferencia de May por non figurar [demandou a Paramount para retirar o seu nome de Unha nova folla cando impuxeron unha montaxe diferente á súa] converteuna, como a única directora de Hollywood durante case todos os 70, nunha figura difícil de aceptar. Ademais, o tono cáustico das súas películas non era tan feminista como máis ben, en palabras de Barbara Quart, “sardónico en todas as direccións”. As mulleres nas súas películas tenden a ser dependentes ou inconscientes; os homes son a miúdo manipuladores e crueis. Quart (…) preguntábase se esa visión do mundo a convertía nunha especie de vendida: “Algúns poderían dicir sobre May (…) que as mulleres directoras como ela só chegan tan lonxe pola súa ferocidade contra as mulleres, que fai as súas visións cinemáticas aceptables onde as de outras co mesmo talento non o son”. (…)

Tomando o arco da súa carreira cinematográfica agora, con todo (os cambios de ton, as decepcións comerciais, mesmo publicar un filme cun eslogan tan anticomercial como “…Non esperes que che gusten”) estas críticas non se sosteñen. É difícil acusar a unha artista tan decididamente espinosa como May de arrastrarse nas convencións comerciais. A súa non é unha visión particularmente optimista da igualdade, pero é igualdade ao fin e ao cabo. (…)

May fixo filmes sobre a masculinidade, o que é outra cousa que a enfrontou ás críticas feministas do seu tempo. Pero as historias que contou nunca foron sobre a forza ou supremacía do masculino, senón sobre as súas limitacións. Barbara Quart escribiu que “Mikey e Nicky atopa algo moi diferente debaixo da camaradería masculina dos abrazos, a axuda, a charla sobre sexo e a nostalxia: mentiras, feridas, resentemento, celos, unha brutalidade expresada na metáfora do asasinato a soldo no barrio”. É un bromance tráxico. (…)”

[Tirado de “Heaven Can Wait: The Hidden Genius of Elaine May“, por Lindsay Zoladz, publicado en The Ringer]

Mércores 22 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Mikey e Nicky
(Mikey and Nicky, Elaine May, EUA, 1976, 106′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s