Baila, rapaza, baila

baila rapaza baila

“Para quen o escoitase algunha vez, o nome de Dorothy Arzner loce na escuridade como o neon; ningunha outra luz o toca. Ela é un emblema tanto da invisibilidade como da presenza: o seu nome é invocado tanto cando alguén quere falar da falta de directoras na Idade de Ouro de Hollywood como cando alguén quere evidenciar que as directoras existían. Os logros de Arzner non poden ser sobreestimados, pero permanece infravalorada en xeral dentro da cultura. Puido haber outras no horizonte, pero Arzner foi a única directora que traballou consistentemente no sistema de estudios durante a primeira década do cinema sonoro na industria, facendo 16 filmes nunha carreira que durou de 1927 a 1943.

(…) O filme máis exitoso de Arzner, e un dos seus máis puramente entretidos, Dance, Girl Dance (1940), aporta un estudo de caso perfecto para como unha comedia de Hollywood podía integrar un carácter queer debaixo dun exterior aparentemente formulaico.

Nas mans doutro cineasta, Dance, Girl, Dance podería ter sido a historia de dúas amigas-inimigas buscahomes da mesma troupe de baile rivalizando polo mesmo interese amoroso e converténdose en histéricas celosas. No filme de Arzner, non obstante, o romance é marxinado —por non dicir que é tratado de forma bastante sospeitosa— en relación co conflito central, que é de xeito máis directo e presente sobre as vidas profesionais das súas personaxes femininas. Segundo o filme comeza, a cámara arrástrase a través do Palais Royale, club nocturno en Akron (…), tentando albiscar un escenario cheo de bailarinas movéndose con “Roll Out the Barrel”. Entre elas están as nosas estrelas, Maureen O’Hara e Lucille Ball (un só pode imaxinar a delicia de ver a estas dúas roibas xuntas en Tecnicolor, que mágoa!). O garito é abruptamente abordado por xogo ilegal, e os policías acusan ás mulleres de ser “cómplices”—só por facer o seu traballo no local. É unha introdución adecuada a un filme no que as mulleres tentan vivir fóra do control, e da mirada, dos homes.”

[Tirado de “Queer & Now & Then: 1940“, publicado por Michael Koresky en Film Comment]

 

Mércores 4 de marzo ás 21:30 no Pichel
Baila, rapaza, baila
(Dance, Girl, Dance, Dorothy Arzner, EUA, 1940, 90′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s