Febreiro 2020: RROMA

Cartaz_ Cineclube_febreiro2020_AdaSeoane_ok

RROMA

Desde a India aos Estados Unidos de América, até 20 millóns de persoas de etnia rroma ou xitana poboan a meirande parte dos países coas cinematografías máis extensas. Porén, desde que Méliès rodara Campamento dos Bohemios no 1896, os poucos filmes nos que aparecen parecen ter reducido a súa representación a unha serie de tópicos: baile, carromatos, cartomancia, osos danzantes… Os estereotipos e a invisibilización no cinema forman parte do antixitanismo tanto como a Prisión Xeral de Xitanos, o Porajmos ou todo o racismo aínda presente na nosa sociedade.

Con este ciclo, tentamos responder a esta situación coa proxección dalgúns filmes que ofrecen outra visión do pobo xitano. Así, Peter Nestler retrata en Ser xitano as consecuencias do holocausto e a falta de reparacións para os rroma alemáns, os mesmos que László Moholy Nagy filmara en Os xitanos da gran cidade sen saber a sorte que lles  traería o ascenso do nazismo. En Os Tarantos, Francisco Rovira Beleta parte do tópico dos enfrontamentos para retratar a cultura real dos xitanos da periferia da Barcelona dos 60 e Bravo!, de Radu Jude, recupera unha historia do escravismo xitano nunha Rumanía empeñada en negar o seu racismo pasado e presente. Para rematar o mes lonxe de olladas externas, o xitano Tony Gatlif documenta a través da música a migración do seu pobo, do Rakhastán á Península Ibérica, en Boa viaxe.

FEBREIRO 2020

Mércores 5 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Os xitanos da gran cidade
(Gross Stadt Zigeuner, László Moholy Nagy, Alemaña, 1932, 11′, VO)
Ser xitano
(Att vara zigenare, Peter Nestler, Suecia, 1970, 47′, VOSG)

Mércores 12 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Os Tarantos
(Los Tarantos, Francisco Rovira Beleta, Estado Español, 1963, 83′, VO)

Mércores 19 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Bravo!
(Aferim!, Radu Jude, Rumania / Bulgaria / República Checa / Francia, 2015, 108′, VOSG)

Mércores 26 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Boa viaxe
(Latcho Drom, Tony Gatlif, Francia, 1993, 103′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s