O Cineclube de Compostela deposita os seus fondos na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación


Hoxe, 21 de xullo de 2020, depositamos os nosos fondos na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, o lugar onde comezamos as nosas proxeccións no ano 2001. En febreiro de 2017 recibimos a proposta de Lourdes Pérez, directora da Biblioteca, de crear unha colección coa nosa identidade, para recoller e preservar unha parte do traballo que levamos facendo como asociación.

Durante estes tres anos recuperamos, ordenamos e rexistramos materiais de arquivo acumulados ao longo da nosa traxectoria. Entre os materiais entregados hai unha chea de cousas:

  • Follas da sala de cada proxección (catrocentas, textos na súa maioría traducidos ao galego por integrantes da asociación). Moitas destas follas están dispoñibles xa na nosa web, pero incluímos tamén algunhas das máis antigas.
  • Pasquíns e outros materiais gráficos como entradas de sesións ou de varias das nosas festas de aniversario.
  • Unha colección de 280 cartaces do Cineclube. Estes xa foran recompilados no libro Cartaces do Cineclube de Compostela 2001-2011 e na mostra de Ciclón que recolleu os realizados entre 2011 e 2019. Ao longo dos anos, destes deseños ocupáronse X. Carlos Hidalgo, Juan David Díaz, Nadina Bértolo, Ramiro Ledo, Pablo Cayuela, Álex Argibai, Edita R. Oca, Misha Bies Golas, Ada Seoane e Xoel Méndez, de quen aportamos varios orixinais pintados a man.
  • Unha mostra dos carnés iniciais dos membros da asociación.
  • Tres números da revista Ariel, editada polo Cineclube de Compostela entre 2002 e 2004 e que podedes ler na sección de publicacións desta web.
  • Os guións do programa de radio O fondo do aire é vermello, que fixemos na Radio Kalimera entre 2010 e 2012.
  • O fondo de filmes en cintas VHS da asociación.
  • Algunhas publicacións que editou ou nas que participou o Cineclube, como as citadas arredor dos cartaces ou o catálogo da XIII Bienal de Lalín Pintor Laxeiro.

Logo da súa correspondente catalogación, todos os materiais gráficos e audiovisuais estarán a disposición para a súa consulta na biblioteca.


 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s