O ollo de Vichy

whatsapp-image-2019-12-03-at-15.02.36.jpeg

“Os recordos de cineclube [de Claude Chabrol] comezaron nun garaxe en 1942 aos 12 anos, cunha ambigüidade similar á que caracterizou o seu traballo. Chabrol explicou que as autoridades locais obrigaron ao seu cineclube a exhibir noticiarios alemáns de propaganda, e co feito tamén de que a maioría de filmes distribuídos eran alemáns. Máis tarde, o cineasta, xa adulto, recalcou con una mestura de simpatía e crítica, consciente pero posterior, rememorou a reacción do público ao infame filme antisemita Süss o Xudeu: “Cando o xudeu Süss foi aforcado despois de cometer varios roubos, enganos, asasinatos e violacións, o público aplaudiu, incluso aqueles que tiñan xudeus agochados nas súas casas. Non se transformaron en antisemitas en noventa minutos: simplemente aledábanse de que o mal tipo fora castigado. Pero, a pesar diso, nas súas mentes permaneceu a imaxe que identificaba aos xudeus e o mal”. De forma pendular, a descrición de Chabrol captura un dos paradoxos desa época en Francia, que entrecruza a ambivalencia política da sociedade, e a posición moral maioritaria na mesma. Suxiro que os equívocos propios da época da ocupación, cando a moralidade de todas as accións estaba en cuestión constante, coincide moito coa predilección de Chabrol por un cine que pon a proba as nosas suposicións de base sobre as accións éticas e sociais. Chabrol rétanos a explorar situacións nas que non sempre o ben triunfará sobre o mal.”

[Tirado do libro de Leah D. Hewitt Remembering the Occupation in French Film, 2008: pp. 125-126].

Mércores 11 de decembro ás 21:30 no Pichel
O ollo de Vichy
(L’oeil de Vichy, Claude Chabrol, Francia, 1993, 110′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s