Os Tarantos

lostarantos

“Ningún xitano pediu no inverno de 1962-63 ao director catalán Francisco Rovira-Beleta que filmase o seu musical Los Tarantos (1963), nas barracas de Montjuïc e do Somorrostro, como un medio para conservar a súa memoria visual. Non foi, por tanto, unha rodaxe consciente do documento histórico que estaba a elaborar. Era unha ficción, unha versión caló de Romeo e Julieta elaborada a remolque de dous éxitos internacionais: primeiro Orfeo Negro (Marcel Camus, 1959), a translación a ritmo de samba e bossa nova do mito grego de Orfeo ás favelas de Río de Xaneiro; e logo sobre todo West Side Story (Jeromy Robbins & Robert Wise, 1961), a versión nuyorican da mesma obra de Shakespeare. Por ese motivo, Rovira-Beleta non tivo ningún reparo en cambiar algúns detalles da paisaxe destes barrios en función das necesidades de produción. Iso implica que as chabolas que se ven en Los Tarantos non son un reflexo completamente fiel daqueles hábitats, pero co tempo esta película converteuse nunha fonte involuntaria para coñecer algúns aspectos urbanísticos e sociais da periferia marxinal de Barcelona (…)

Como se senten os xitanos ante o retrato da súa comunidade que ofrece Los Tarantos? No seu momento, Carlos Bempar preguntoullo a Rovira-Beleta:

«Carlos Bempar: Como caeu o filme entre os xitanos de Barcelona? Porque nos títulos dise: Así son os xitanos de Barcelona.

Rovira-Beleta: Esa é unha frase parva que puxo o produtor, Maesso, para substituír a cita de Shakespeare coa que eu quería iniciar a película. A opinión sobre a película entre os xitanos foi moi diversa. O cinema Comedia enchíase todos os días de xitanos, algúns saían entusiasmados pero outros a criticaban bastante, especialmente un que me estivo perseguindo cun puñal para agredirme porque dicía que se amosaba aos xitanos coma se fosen navalleiros. E para amosarmo, perseguíame cunha navalla»

A ubicuidade da navalla contiña ese risco. O naturalismo da paisaxe de Los Tarantos convive tamén coa caricatura social dos seus personaxes. Demasiadas veces, o que funciona no cinema precisa distanciarse dos seus modelos. Como explica Eduardo Moyano:

«Rovira-Beleta era un realizador con oficio e soubo sacarlle partido á película, que estivo moi afastada de mostrarnos a idiosincrasia dos xitanos barceloneses; e si, os tópicos nos que caeu habitualmente o noso cinema cando se tratou o tema, como son a delincuencia, ou o suposto ánimo pendenciero das súas actitudes»

Los Tarantos contén moitos apuntamentos interesantes sobre o carácter e a sociedade da étnia xitana, pero non poden tomarse no seu sentido literal. (…)”

[Tirado de “La imagen de la periferia marginal de Barcelona en Los Tarantos”, texto de Iván Villarmea en Pérez Perucha, Julio; Gómez Tarín, Francisco Javier; Rubio Alcover, Agustín (eds): Olas rotas. El cine español de los sesenta y las rupturas de la modernidad. Madrid: Ediciones del Imán, 2009, p. 255-271]

Mércores 12 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Os Tarantos
(Los Tarantos, Francisco Rovira Beleta, Estado Español, 1963, 83′, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s