Outubro 2021: Volvemos á sala!

Xa veriades que o curso pasado estivemos facendo o Cineclube na casa, no que aprendimos moito, vimos cousas que sería difícil ver nunha sala e nos xuntamos con xente coa que era difícil xuntarnos en persoa (podedes revisar as conversas que seguiron ás sesións no noso Instagram).

O caso é que agora podemos volver vernos presencialmente e mirar para a mesma pantalla, así que desde este mércores recuperamos as proxeccións na Gentalha do Pichel onde as deixamos cando comezou o confinamento: en marzo de 2020 estabamos cun ciclo arredor do baile do que nos faltou por proxectar O lamento da emperatriz, o único filme dirixido por Pina Bausch, e con el volvemos. A maiores, por esa alegría que nos dá volver, completamos o mes con dúas películas que xiran arredor do propio cine: Belísima, de Luchino Visconti, e Autocine sen saída, de Brian Trenchard-Smith. Recuperamos tamén as follas de sala e o subtitulado, que poderedes atopar nas seccións deste blog.

Aínda así, como é lóxico, haberá un protocolo cunha serie de diferenzas respecto ás proxeccións como viñamos facéndoas ata hai un ano e medio:

  • A capacidade estará limitada a 30 persoas e cubrirase por orde de chegada.
  • Será preciso o uso de máscara e non se poderá comer ou beber durante a sesión.
  • Recolleremos datos de contacto das persoas que asistan por se fose preciso facer seguimento dalgún positivo.

OUTUBRO 2021
Mércores 13 de outubro ás 21:30
O lamento da emperatriz

(Die Klage der Kaiserin, Pina Bausch, República Federal Alemá / Francia, 1990, 106’, VO)

Mércores 20 de outubro ás 21:30
Belísima
(Bellissima, Luchino Visconti, Italia, 1951, 108′, VOSG)

Mércores 27 de outubro ás 21:30
Autocine sen saída
(Dead End Drive-In, Brian Trenchard-Smith, Australia, 1986, 88’, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s