Restos humanos, de Jay Rosenblatt e Kuxa Kanema, de Margarida Cardoso

Restos humanos é un aclamado filme curto realizado polo psicólogo convertido en cineasta Jay Rosenblatt. En moitos dos seus traballo, Rosenblatt une liricamente documental, narrativa e técnicas de vangarda para tratar elementos da psicoloxía humana. Traballando só ou en colaboración con Jennifer Marco, Rosenblatt adopta unha aproximación minimalista e independente á práctica fílmica, caracterizada sempre por unha penetrante intelixencia. A súa obra caracterízase por integrarse dentro da tradición experimental de traballo co familiar  -a través da metraxe atopada e dos arquivos desbotados– para revelalo ou crear densas capas de significado (…)

En Restos Humanos, Rosenblatt parte da noción de Hannah Arendt da ‘banalidade do mal’ e explora, mesturando unha enxeñosa ironía e un sentimento de tristeza asociada ao sufrimento recordado, que esta banalidade fai imposíbel para nós separar totalmente o mal da vida cotíá. Hitler, xunto con catro dos máis infames ditadores do mundo, Mao Tse Tung, Josef Stalin, Benito Mussolini e Francisco Franco, convértense en obxecto dun estudo incisivo que suxire que mesmo os homes máis monstrusos vólvense banais ao centrarnos nas súas actividades da vida diaria. Rosenblatt comparte o seu coñecemento sobre os seus costumes culinarios, patróns de descanso, gustos, aversións e soños non realizados, para lembrar estas figuras históricas desde unha certa outredade do ‘mal’ e facelos próximos, demasiado próximos, ata meterse baixo a nosa pel, a un lugar onde esa humanidade compartida reta a nosa comprensión desas historias terribles.

Kuxa Kanema significa “o nacemento do cinema” e, como se entende pronto ao comezo, nacemento nun triplo sentido: nacemento da produción dun cinema propio, mozambicano e popular, que nunca existiu; nacemento do desfrute do cinema por parte dun pobo que ou nunca o tiña visto ou vira sempre o dos outros –e, así, tamén os outros nel; e, terceiro nacemento, nacemento dun cinema que explicita como un dos seus obxectivos –e contidos– esenciais “filmar a imaxe do pobo e devolvela ao pobo”.

Neste sentido, o noticiario Kuxa Kanema é a tentativa de crear a imaxe dun país a través das súas propias imaxes fotográficas, nun territorio que ou non posuía esas imaxes –a maior parte da poboación, rural–, ou posuía só as imaxes dos outros –as salas de cinema da capital e das outras cidades. O triplo nacemento do cinema non significa outra cousa que a aspiración ao nacemento singular dun pobo en e a través do cinema, dun cinema que parte do pobo e a el regresa. (…)”.

Fragmentos tirados do libro “Cinema Portugués. X Jornadas”, editado por Federico Lopes, Paulo Cunha e Manuela Penafria. Accesible aquí: https://ubibliorum.ubi.pt/bitstream/10400.6/5033/1/Cinema em portugues_xjornadas_2017.pdf#page=13 e de Senses of Human Remains.

Mércores 18 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Restos humanos
(Human Remains, Jay Rosenblatt, EUA-Dinamarca, 1998, 30′, VOSG)
Kuxa Kanema: O nacemento do cinema(Kuxa Kanema: O Nascimento do Cinema, Margarida Cardoso, Mozambique-Portugal, 2003, 53′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s