Proxecto Socheo: Patrimonio Audiovisual da Guarda e o Baixo Miño

“Socheo é unha palabra galega que segundo a súa primeira acepción indica un momento indeterminado antes de que chegue a preamar, na fase crecente da marea (Pena, 2003, p. 293). A denominación dun espazo e tempo sen concretar que facilmente pode ser a distancia intermareal, á marxe da súa amplitude, sexa unha marea viva ou morta. Porén, dentro dos localismos da semántica tamén e como se nomea a distancia entre a parte alta e baixa dunha onda. Polo tanto, cando a xente do mar da Guarda fala de que “hai moito socheo” quere dicir que “se move moito o mar”. En troques de amosar as incongruencias ou disparidades da xeografía marítima, esta palabra é unha formidable metáfora do que acontece hoxe en día coa ontoloxía do mundo dos arquivos, é dicir, a posición dialéctica entre dous puntos álxidos e antónimos, do seu carácter serial e repetitivo, das amplitudes e encadeamentos diferentes e, sobre todo, da impresión da falta de totalidade. E, así, gustaríanos que cando se escoite doutra volta a expresión “hai socheo”, que a xente a relacione tamén por un arquivo que se denomina dese xeito: Proxecto Socheo. E para que isto ocorra teñen que continuar aparecendo vagas e vagas de documentos audiovisuais”.

[Tirado de “Proyecto Socheo: Aciertos y fracasos de un contra-archivo (inter)media”, de Xurxo González e Beli Martínez, en Revista Interamericana de Comunicaçao Midiática, v.20, nº43, xullo de 2021, pp. 64-79. Accesible en: https://periodicos.ufsm.br/animus/article/view/66685/44317]

Mércores 25 de xaneiro ás 21:30 no Pichel

Proxecto Socheo: Patrimonio audiovisual da Guarda e o Baixo Miño
Programada e presentada por Beli Martínez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s