Elena, de Petra Costa

A expresión “arquivo morto” […] é suxestiva para notar as imbricadas relacións entre o arquivo e a morte. O arquivo morto, nun sentido recorrente, fai referencia a un conxunto de documentos que non posúen utilidade cotiá. Trátase de informacións que amosan unha realidade pasada, que raramente sairá á luz. Dobre morte do arquivo: a súa utilidade e a súa actualidade. O seu destino habitual é a reclusión e apenas en situacións específicas será convocado e resucitado.“A expresión “arquivo morto” […] é suxestiva para notar as imbricadas relacións entre o arquivo e a morte. O arquivo morto, nun sentido recorrente, fai referencia a un conxunto de documentos que non posúen utilidade cotiá. Trátase de informacións que amosan unha realidade pasada, que raramente sairá á luz. Dobre morte do arquivo: a súa utilidade e a súa actualidade. O seu destino habitual é a reclusión e apenas en situacións específicas será convocado e resucitado.

O principal arquivo que dá a ver ese proceso de morte n’A paixão de JL e Elena é o diario. Non se trata dun diario só escrito, senón un diario que funciona como un documento audiovisual ou, como algúns autores acostuman a chamalo, un diario fílmico. O teórico David E. James fai unha distinción crucial entre diario fílmico e filme de diario. O diario fílmico sería a práctica de filmar regularmente con propósitos puramente persoais. Trátase dun evento privado, onde o consumo por terceiros non acontece. Cando ese diario fílmico é explorado por terceiros, el tórnase un filme de diario. Segundo Laura Rascaroli, “mentres o diario fílmico é privado e provisorio, o filme de diario posúe as súas propias xustificacións e intencións”.

En Elena, o arquivo non é unha imaxe que amosa un real clarividente, senón un elemento que posibilita un enfrontamento coas propias lembranzas da directora. Nunha entrevista, Petra relata que foi a descuberta do diario da irmá o que disparou a vontade de realizar o filme. Conta tamén que as imaxes en VHS feitas pola cámara da familia viñeran despois, cando foi procurar máis material no garaxe da nai e atopou 20 horas de cintas.

Percíbese entón que, se o filme busca unha imaxe de Elena, esa imaxe non está en ningunha daquelas que nos foron presentadas. A imaxe de Elena, ou da súa ausencia, está formada por atravesamentos temporais que agora tornan visibles.

[Tirado de “O arquivo e a morte no documentário brasileiro contemporâneo: A paixão de JL e Elena”, en Doc On-Line, n. 22, setembro de 2017, pp. 243-256. Accesible en: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6136805]

Mércores 11 de xaneiro ás 21:30 no Pichel

Elena
(Elena, Petra Costa, Brasil, 2012, 82′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s