Unha sesión como as outras, de Jean-Luc Godard

“Supoño que haberá quen se congratule, pero a min me entristece que xa non poidamos seguir agardando unha nova película de Jean-Luc Godard. Aínda que ultimamente semellaba estar, en efecto, canso, algúns no perderamos a esperanza de que tivese entre mans, agora que eran máis lentos de elaboración, un novo filme en train de se faire, un nova work in progress que propoñernos coma un desafío, un folgo, un paso adiante cara o que non fan os demais e el puidese pensar que sería interesante probar, a ver que saía. Nese sentido, foi sempre moi experimental, un buscador infatigábel. Unha sorpresa continua. Sempre imprevisíbel, por sorte. Silenciosamente, nel fervía un espírito de revolución permanente, niso que el chamou “a continuidade na ruptura”.

Pero coido que nin sequera era iso o importante de Godard. A súa tranquila ousadía –nunca pretendeu ser un revolucionario, nin un radical innovador, nin sequera un iconoclasta ou un líder, foron outros os que lle atribuíron eses alcumes ou papeis– foi unha liberación, unha declaración de independencia, un estímulo e un acicate para moita xente nova e ata para algún dos seus maiores, e iso axudou a que xurdiran cineastas ata en países de escasa industria e nula tradición cinematográfica, e que o cinema, aínda que sempre fora moi variado, se fixese incluso menos previsíbel e máis sorprendente, máis alegre unhas veces, e outras máis desesperado, máis atrevido, máis libre.

El liberou ao cinema –ata o dos seus detractores– animando a cambiar a maneira de facelo e de contar as historias con imaxes e sons, atrevéndose a alternar longametraxes e curtas, experimentando co vídeo cando case ninguén o facía. Que algúns dos seus pretendidos discípulos ou seguidores non acertasen non se lle pode imputar a Godard, senón aos seus imitadores. Os que non eran copistas tomaban del exemplo, e iso animou a moitos a falar de si mesmos, a contar as súas reflexións, aínda que non fosen “historias narrábeis”, aínda que non fosen ficcións nin se puidesen encadrar e etiquetar dentro dun xénero. Iso fixo ao cinema máis persoal e máis vasto, máis amplo… para espanto de algúns, partidarios do monocultivo, do conformismo e da uniformidade, e por iso interesados en que sucedese xustamente o contrario.

Ten fama de antipático, como tantos outros cineastas, pero eu atopeino encantador, moi simpático e divertido, e moi cinéfilo –case quedou a ver unha vez máis “Johnny Guitar”–. Descansa, sospeito que inquedo, imaxinando novas imaxes“.

[Tirado de Un blog comme les autres, dispoñíbel en http://postcefalu.blogspot.com/2022/09/sin-esperar-godard.html]

Mércores 26 de outubro de 2022 ás 21:30 no Pichel
Unha sesión como as outras
Pezas curtas de Jean-Luc Godard , 1962-2022, 90′

Tráiler de Vivir a súa vida
(Bande-annonce de Vivre sa vie, Jean-Luc Godard, Francia, 1962, 2′ VOSG)

Tráiler de Pierrot o tolo
(Bande-annonce de Pierrot le fou, Jean-Luc Godard, Francia, 1965, 2′, VOSG)
Loción Schick
(Schick After Shave, Jean Luc Godard / Jean Pierre Gorin, Francia, 1971, 1′, VOSG)
Tráiler de Todo vai ben
(Bande-annonce de Tout va bien, Jean Luc Godard / Jean Pierre Gorin, Francia, 1972, 5′, VOSG)
Tráiler de Salve quen poida (a vida)
(Bande-annonce de Sauve qui peut (la vie), Jean-Luc Godard, Francia, 1979, 3′, VOSG)
Carta a Freddy Buache

(Lettre à Freddy Buache, Jean-Luc Godard, Francia, 1982, 11′, VOSG)
Tráiler de Detective

(Bande-annonce de Détective, Jean-Luc Godard, Francia, 1985, 1′, VOSG)
O poder da palabra
(Puissance de la parole, Jean-Luc Godard, Francia, 1988, 25′, VOSG)

A infancia da arte
(L’Enfance de l’Art, Anne Marie Mieville / Jean-Luc Godard, Francia, 1992, 7′, VOSG)
Xente de París
(Parisienne People, Anne Marie Mieville / Jean-Luc Godard, Francia / Suíza, 1992, 1′ VOSG)
Adeus ao TNS
(Adieu au TNS, Jean-Luc Godard, Suíza, Francia, 1998, 7′, VOSG)
Liberdade e patria

(Liberte et patrie, Anne Marie Mieville / Jean-Luc Godard, Suíza, 2002, 21′, VOSG)
Tráiler da Viennale 2008. Unha catástrofe
(Viennale Trailer 2008. Une Catastrophe, Jean-Luc Godard, Austria, 2008, 1′, VOSG)
Homenaxe a Eric Rohmer
(Hommage à Eric Rohmer, Jean-Luc Godard, Suíza / Francia, 2010, 3′, VOSG)
Anuncio oficial do 22 Jihlava IDFF
(Official Spot of the 22nd Jihlava IDFF Jean-Luc Godard, Suíza, 2018, 1′, VOSG)
Tráiler de O libro de imaxe
(Bande-annonce de Le livre d’image, Jean-Luc Godard, Suíza, 2019, 2′, VOSG)
Oh! Revoir
(Oh! Revoir, Jean-Luc Godard, Suíza, 2022, 1′, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s