Toda unha noite, de Chantal Akerman

Jean-Luc Godard: Que lle interesa desta proposta?
Chantal Akerman: É máis ben algo relacionado con vostede que outra cousa.
G: Pero podería ter sido un xornalista quen propuxera isto…
A: Coido que non o tería feito, porque hai demasiados xornalistas que me fan preguntas e, polo xeral, cando é un xornalista, respondo para que vexan os meus filmes.
G: Pero tratándose de min, é porque son coñecido ou como cineasta?
A: Oh! Para nada. Débese a que, en certo xeito, vendo os seus filmes, quixen ser cineasta. Interesábame por iso. Non sei se se decata do que significa descubrir os seus filmes cando tes quince anos, sen ter escoitado nunca falar de vostede. Estaba en Bruxelas, non me gustaba nada o cinema, pensaba que era para os débiles, todo o que me levaran ver era Mickey Mouse e cousas así. E cando por casualidade fun ver un dos seus filmes, entráronme ganas de facer cinema. Así que foi unha cuestión afectiva, en verdade.
G: Un proxecto consiste en querer facer algo. Un proxecto de filme, en que consiste daquela?
A: Antes diso escribía un pouco, como escriben os adolescentes. Penso que cando un é adolescente escribe un pouco para desensarillar todos os fíos, porque é o momento no que comezamos a pensar e a confrontar as cousas e a tomar consciencia. Por exemplo, somos ou non violentos… Daquela vin Pierrot o tolo [Pierrot le fou, Jean-Luc Godard, 1965], e pensei que falaba da nosa época, do que sentía. Antes estaba Os canóns de Navarone [The Guns of Navarone, J. Lee Thompson, 1961] pasaba desas cousas. Non sei, foi a primeira vez que me emocionei no cinema, pero… violentamente. E, sen dúbida, quixen facer o mesmo cos meus propios filmes.
G: Eu tento presentarme como un marciano, ou como un imbécil, ou como un tipo moi intelixente; daquela, se ten un proxecto, é porque agora precisa que a xente chegue ao estado no que vostede se encontra? Ou é a vostede a quen lle gustaría estar nese estado? Por que sente a necesidade? Pódese pensar que alguén diría: “Ben, vou viaxar e ver se hai outros filmes así”.
A: Pero é o que tentei facer. Tentei ver outros filmes e encontrar o mesmo, pero nunca aconteceu. No fondo, para min Pierrot o tolo foi como o cine dominante, é dicir, non puiden facer outra cousa por ese motivo. Tapou os outros filmes, porque seguía buscando neles algo que vira unha vez. As cousas non se repiten dese xeito. Precisei que pasara un tempo para que me gustaran outros filmes.
G: Lembra o primeiro plano que filmou? Eu lembro: filmeime os pés.
A: Eu filmei a miña nai entrando nun gran edificio e abrindo a caixa de correos. Tiña ganas de facer algo e de súpeto materializouse, como unha obsesión, materializouse co cinema. E logo, cando comezamos… Non me pregunte por que nin como, non puxen en dúbida esta necesidade, seguina case ás cegas. E non sei por que…

[Publicada orixinalmente en Ça cinéma, nº 19, 3º trimestre, 1980. Traducida desde a versión en castelán de Francisco Algarín Navarro, dispoñíbel en http://www.elumiere.net/especiales/akerman/conversacionakermangodard.php]

Mércores 19 de outubro de 2022 ás 21:30 no Pichel

Toda unha noite
(Toute une nuit, Chantal Akerman, Bélxica-Francia-Países Baixos-Canadá, 1982, 90′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s