Non pares de gravar!, de Shinichirô Ueda

“A película de zombis con máis éxito no Xapón até o de agora é Kamera o tomeru na! (Non pares de gravar!, Ueda, 2017). Esta xoia do cinema independente xurdiu dun obradoiro cinematográfico amateur e filmouse cun presuposto reducido. Pasou de proxectarse nun pequeno teatro en Tokyo a converterse nun dos triunfos do audiovisual xaponés no 2018. Chegou a recadar a abraiante cifra de 30 millóns de dólares, mil veces máis que os custos da produción.

Descrita como unha obra “elaborada con mestría” (Aguilar 2019) e “dun enxeño agudo e descarado” (Ehrlich 2018), Non pares de gravar! emprega o recurso metafílmico con total dominio. Comeza contando a historia (nunha toma ininterrompida de 38 minutos) dun pequeno equipo que está a filmar unha película de zombis e que no proceso rematan convertidos en mortos vivintes, o que os leva a se atacar uns aos outros. É entón cando se revela que o filme é unha película televisada en directo de baixo presuposto, que unha cadea comisionara para lanzar a súa Canle de zombis. O concepto agromara da idea duns executivos que apostaran por un plano secuencia, filmado cunha soa cámara e que procuraban unha reacción mediática. A segunda parte do filme amosa os personaxes dos produtores, do director e da súa familia, dos actores e do equipo durante o período previo á filmación. Todo vai vento en popa ata o día da gravación, no que dous actores desaparecen e obrigan a que o director e a súa muller fagan o seu papel. A terceira e última parte do filme é unha ollada ao que ocorre detrás da cámara, nesta rodaxe cunha alta dificultade técnica e cun final cómico e caótico. Como todo sae mal, pero non se pode volver atrás, todos os erros do resultado final, que un observa como espectador, pasan a ser solucións prácticas e decisións transgresoras. Estes cambios na perspectiva crean un vínculo múltiple coa audiencia e os personaxes, que saen reforzados polas actuacións do casting de enorme expresividade e tino (Kuipers 2018)”.

[Tirado orixinalmente do East Asian Journal of Popular Culture e escrito por Guillaume Vétu]

Mércores 2 de novembro de 2022

Non pares de gravar!

(カメラを止めるな! [Kamera o Tomeru na!], Shin’ichirō Ueda, Xapón, 2017, 97’, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s