🐱Cineclube na casa #12: Limites

Presentación: https://www.instagram.com/cineclubedecompostela/live

“Os limites da mina linguage som os limites do meu mundo”. (Wittgenstein)

Limites é umha olhada anti-especista ao mundo animal nom humano. O mundo animal devolve a mirada. Os limites do enquadre e a duraçom luitam contra a metonimizaçom da image. O animal deixa de ser “gato” (símbolo, metonímia) para voltar-se ser senciente. Os limites especistas (“gato” como referência genêrica) chocam contra os limites entre retratos e retrato (individualizaçom do ser vivo).

[Tirado da web de Alberte Pagán]


Mércores 30 de xuño ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
Limites (Alberte Pagán, 2021, Galiza, 56′)
[Coa presenza do director]

COMO FUNCIONA O CINECLUBE EN LIÑA?
No tempo no que o Cineclube de Compostela leve a cabo a súa programación a distancia, o esquema para as sesións será o seguinte:
1. Presentación en liña a través dun directo na canle de Instagram do Cineclube.
2. Visionado das obras, que serán pezas dispoñibles en liña e en aberto a través de diferentes plataformas. Facilitaremos os enlaces a través das nosas redes e deste blog no propio día da sesión.
3. Encontro en liña, de novo no Instagram, para compartir impresións sobre o que vexamos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s