Cineclube na casa #11: Monstras


Mércores 26 de maio e mércores 2 de xuño no Instagram do Cineclube de Compostela
Monstras. A normalidade violenta (Eire García Cid, Galiza, 2020)

Presentación: https://www.instagram.com/cineclubedecompostela/live/


Episodio 1: “Pánico” (20′)


Episodio 2: “Culpa” (22′)



Episodio 3: “Amor” (27′)


Episodio 4: “Euforia” (39′)


Episodio 5: “Odio” (32′)


Traballar co feminismo

Non somos traballadoras culturais apolíticas: traballamos a favor dunha política cultural feminista, polo que de ningunha maneira somos neutrais ideoloxicamente. As nosas historias parten dunhas subxectividades que habitan este mundo como mulleres: constrúense sobre as nosas experiencias violentas, sobre a nosa dor e o noso sufrimento; pero non só, tamén son historias que nos celebran, que celebran as nosas alianzas prohibidas, as nosas resistencias. Estamos decididas a contar o pracer das mulleres, empresa fermosa a nosa.

Traballar desde o feminismo

Sempre nos dixeron que nos resignásemos: que o audiovisual era o territorio da ansiedade e o maltrato. Pois todo para eles. Nosoutras imos a outro ritmo, lento pero firme, coidándonos a nós mesmas e ás demais mentres traballamos; non queremos sufrir e menos cando facemos o que máis nos gusta facer. Unha produción desde o feminismo significa que o método e o proceso de creación é feminista, trazando relacións horizontais que nos permitan identificarnos coa historia e coas personaxes, que nos permitan autorecoñecernos a nós mesmas nas outras. Estamos aprendendo a facelo así: respiramos – aprendemos a controlar os nervios – a xestionar as dificultades inesperadas – coidámonos – preguntámonos – paramos – respiramos – paramos outra vez – respiramos – seguimos – creamos.”

[Tirado do texto de Corentena Producións para a campaña de micromecenado da webserie Monstras]


Monstras. A normalidade violenta (Eire García Cid, Galiza, 2020)

Mércores 26 de maio ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
Episodio 1: “Pánico” (20′)
Episodio 2: “Culpa” (22′)
Episodio 3: “Amor” (27′)

Mércores 2 de xuño ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
Episodio 4: “Euforia” (39′)
Episodio 5: “Odio” (32′)
Coa presenza da equipa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s