A moi tardía tardiña dun fauno, de Vera Chytilová

Věra Chytilová (1929-2014) foi a primeira muller á que se lle permitiu estudar dirección de cinema na FAMU, a Academia de Cinema de Praga (Brdečková 2014). Ela era unha dos sete estudantes, escollidos entre un cento de solicitantes, que foron admitidos na clase do director Otakar Vávra (Pawlikowski 1990); Chytilová 2009, 21; Cieslar 2003, 484-485) e que vertebraron a Nova Onda Checa, un movemento cinematográfico inventivo e altamente creativo, característico da liberalización da Checoslovaquia dos 1960. Todo o resto de membros da clase de Otakar Vávra eran homes.

[A Chytilová] prohibíronlle facer longametraxes durante seis anos. Non puido facer outra longametraxe, Hra o Jablko/O xogo da mazá, até 1976. Cando os oficiais comunistas tentaron suprimir o seu traballo nos 1970 e 1980, Chytilová foi en persoa a arengalos na súa oficina e eventualmente lograría persuadilos de quitarlle a prohibición. Durante os anos restantes do réxime comunista Chytilová mantería unha loita desigual polos seus filmes cos oficiais comunistas.

Durante ese tempo, a creación fílmica de Chytilová estivo marcada por unha censura continua a todos os niveis. Estaba totalmente descartado que ela continuase coa experimentación estilística e temática. Xa non podía traballar con Krumbachová. Nos 1970, Chytilová divorciábase do seu segundo marido, o director de fotografía Jaromír Kučera. Os tempos da brillante cooperación entre Chytilová, Krumbachová e Kučera pasaran á historia. O control ideolóxico e estilístico era tal que a experimentación libre co estilo e as ideas xa non era posíbel. O único xeito no que ela podía proceder sería incluír motivos subversivos e anti-ideolóxicos na narrativa dos seus filmes, agora máis convencionais visualmente. Tivo que loitar forte por eses motivos na súa narrativa e inventar explicacións ideoloxicamente aceptábeis para que fosen aceptados polos oficiais comunistas.

Os temas relativos ao consumismo e ao egoísmo repítense en Faunovo velmi pozdní Odpoledne/A moi tardía tardiña dun fauno (1983), o retrato de Karel, un solteiro envellecido e oficial do goberno que cada vez é máis consciente do perigo da morte e da futilidade da súa existencia, tentando mitigar o sentimento facendo as beiras a rapazas novas. Os seus escarceos, case sempre embarazosos, entran nunha espiral sen sentido. Coa axuda do director de fotografía Jan Malíř, Chytilová volve á súa linguaxe visualmente estilizada, mais non hai unha progresión real máis alá da súa experimentación dos 1960.

A comparación de filmes feitos por Věra Chytilová nos liberais 1960 e cos filmes feitos nos ‘normalizados’ anos 1970 e 1980, tras o seu período de silencio forzoso, amosa a remarcábel afouteza da cineasta cando se enfrontou á censura e aos obstáculos administrativos durante a era Husák. Os espectadores apreciárono: todo o mundo estaba sempre atento a como de diferentes eran os filmes de Chytilová cando se comparaban coa corrente máis popular.”

[Tirado de “In search of authenticity: Věra Chytilová’s films from two eras”, por Jan Čulík en Studies in Eastern European Cinema]

Mércores 9 de novembro de 2022

A moi tardía tardiña dun fauno
(Faunovo velmi pozdní odpoledne, Vera Chytilová, Checoslovaquia, 1983, 99’, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s