“Como é o cine que fai Alberte Pagán?
Eu fago cine experimental. Pretendo que o meu público sexa consciente da forma e por tanto da función da linguaxe na transmisión dos contidos. Se a unha directora de comedias se lle pregunta que pretende co seu cinema, unha resposta obvia sería “facer rir”. A min téñenme preguntado o mesmo e a miña resposta sempre foi “facer pensar”. O significado dunha película tamén depende dos modos de produción, da maneira na que esa película chega ás pantallas. No meu cinema eu tento aplicar a fórmula de que “a estética sen ética é pura cosmética”. Nese senso eu digo que fago cinema político, porque aínda que os “contidos” políticos non sexan tan obvios a primeira vista, as miñas películas están feitas dun xeito político, comezando polo rexeitamento da industria capitalista.”
[Tirado de “O carballiñés Alberte Pagán: do cinema á literatura“, entrevista de Mónica V. Lopo en La Región, 29 de outubro de 2018]
τεμενος³
(Alberte Pagán, Galiza, 2017, 37′, VO)
Flora e fauna (shot on sight)
(Alberte Pagán, Galiza, 2017, 14′, VO)
Uluru
(Alberte Pagán, Galiza, 2018, 7′, VO)
O caruncho
(Alberte Pagán, Galiza, 2018, 17′, VO)
Coa presenza de Alberte Pagán