Filmes de The Moving Image Catalog

“Con este programa quero presentar ao público do Cineclube de Compostela o proxecto online que levo comisariando dende decembro de 2016: MOVIMCAT – The Moving Image Catalog. Movimcat é unha plataforma dedicada á promoción da cultura de artistas da imaxe en movemento. É un catalog (e non un catalogue) en homenaxe ao filme de John Whitney de 1961.

A miña actividade principal é seleccionar obras de imaxe en movemento que están oficial e libremente dispoñibles para ver online, compartir esta selección con usuarios e usuarias das redes sociais, construír un índice (centrado tanto en temáticas como en prácticas) e convidar a outras curadoras e curadores. Compilar e comisariar un catálogo tamén leva a contactar con artistas, en liña e no mundo real, o que significa coñecelos e ás veces mesmo pedirlles que publiquen unha peza para Movimcat.

A selección que fixen para o Cineclube está enteiramente composta de filmes que me gustan, que son significativos para min a nivel persoal pero tamén para a acción de compilar un catálogo en liña de imaxe en movemento de artistas. Cada peza representa un momento, unha posibilidade, unha entrada no índice, un encontro persoal, unha exposición, etc. Cinco destas curtas están dispoñibles en público en Movimcat, mentres as tres restantes non foron publicadas na rede aínda – pero os seus autores e autoras aparecen xa no catálogo con outros traballos.

Seguindo estas premisas, o programa que fixen non debería ter moita coherencia, pero, dalgún xeito, a secuencia ten sentido para min: a derradeira imaxe de Palms chama polo sinal cósmico de Varela. Logo, despois do sinal, comezamos a ver o mundo con diferentes ollos: aí é cando visitamos o Hammam de Nick Collin, o Midnight Orange de Gautam Valluri e o Shape of a Surface de Nazli Dinçel. Durante esta viaxe, nun certo punto, perdémonos no dereito, e aí é cando imos contemplar os traballos de Clio Simon e Zahid Jiwa – que representan tamén un cambio substancial: pasamos de imaxes en super8 ou 16mm a imaxes estritamente dixitais. O programa finaliza cunha peza máis longa, unha descrición do mundo subterráneo visto polas artistas Chiara Caterina e Nicola Di Croce.”

[Da proposta enviada por Stefano Miraglia, creador de Movimcat, ao Cineclube]

Mércores 29 de maio ás 21:30 no Pichel
Movimcat 
Palmas
(Palms, Mary Helena Clark, EUA, 2015, 9′, VO)
O sinal cósmico
(La Señal Cósmica, Leandro Varela, Arxentina, 2018, 2′, VO)
Hammam
(Hammam, Nick Collins, Grecia / Reino Unido, 2018, 2′, VO)
Laranxa de medianoite
(Midnight Orange, Gautam Valluri, Francia / India, 2018, 10′, VO)
A forma dunha superficie
(Shape of a Surface, Nazlı Dinçel, Turquía, 2017, 9′, VO)
O murmurio da palabra
(Le bruissement de la parole, Clio Simon, Chile / Francia, 2013, 19′, VO)
Oasis de espellos
(Oasis of Mirrors, Zahid Jiwa, Canadá, 2013, 3′, VO)
O mundo de abaixo
(Il mondo di sotto, Chiara Caterina / Nicola Di Croce, Italia, 2017, 24′, VO)
Sesión programada por Stefano Miraglia. Organizada con Acción Cultural Española, Festival (S8) e A Cuarta Parede

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s