Novembro 2021: Xéneros populares

NOVEMBRO 2021Mércores 3 de novembro ás 21:30As aventuras do príncipe Achmed(Die Abenteuer des Prinzen Achmed, Lotte Reiniger, Alemaña, 1926, 65’, VOSG) Mércores 10 de novembro ás 21:30Lemonade Joe, ou a ópera equina(Limonádový Joe aneb Koňská opera, Oldřich Lipský, Checoslovaquia, 1964, 95’, VOSG) Mércores 17 de novembro ás 21:30A pousada do dragón(龍門客棧 [Lóng Mén Kè Zhàn],… Read More Novembro 2021: Xéneros populares

As aventuras do príncipe Achmed, de Lotte Reiniger

“Fun capaz de recortar siluetas case en canto puiden suxeitar un par de tesoiras. Era capaz de pintar, tamén, e de ler e recitar; pero estas cousas non sorprendían a ninguén demasiado. Pero todo o mundo estaba fascinado cos recortes a tesoira, que semellaban ser un logro menos habitual. As siluetas eran moi louvadas e… Read More As aventuras do príncipe Achmed, de Lotte Reiniger

Autocine sen saída, de Brian Trenchard-Smith

“Os artigos de Meaghan Morris habitualmente citados “Fate and the Family Sedan” (1989) e “White Panic or Mad Max and the Sublime” (1998) ofrecen claramente os cimentos para […] calquera discusión sobre a automobilidade, raza e goberno en Australia. Morris argumenta que o coche é particularmente importante na retórica dos filmes australianos de acción dos… Read More Autocine sen saída, de Brian Trenchard-Smith

O lamento da emperatriz, de Pina Bausch

“(…) O lamento da emperatriz revélase coma un soño. O filme eríxese na súa totalidade como unha sucesión de imaxes breves, con protagonistas que cambian e que contan pequenas historias aparentemente incomprensibles, postas núa secuencia de acordo a uns criterios irracionais e artellados a través dunha montaxe fragmentaria de maneira brusca e improvisada. O volume… Read More O lamento da emperatriz, de Pina Bausch

🐱Cineclube na casa #12: Limites

Presentación: https://www.instagram.com/cineclubedecompostela/live “Os limites da mina linguage som os limites do meu mundo”. (Wittgenstein) Limites é umha olhada anti-especista ao mundo animal nom humano. O mundo animal devolve a mirada. Os limites do enquadre e a duraçom luitam contra a metonimizaçom da image. O animal deixa de ser “gato” (símbolo, metonímia) para voltar-se ser senciente.… Read More 🐱Cineclube na casa #12: Limites

Cineclube na casa #11: Monstras

“Traballar co feminismo Non somos traballadoras culturais apolíticas: traballamos a favor dunha política cultural feminista, polo que de ningunha maneira somos neutrais ideoloxicamente. As nosas historias parten dunhas subxectividades que habitan este mundo como mulleres: constrúense sobre as nosas experiencias violentas, sobre a nosa dor e o noso sufrimento; pero non só, tamén son historias… Read More Cineclube na casa #11: Monstras

📦 Cineclube na casa #10: Open Memory Box. Filmes domésticos da RDA

“A maioría da xente do Oeste non tiña moito interese na RDA, e por que ían tela? A RDA, Polonia, Rusia… para moitos eran unha única cousa”, di Barbara Langerwisch, unha profesora retirada de Berlín Leste, sobre a década que seguiu a caída do Muro e o colapso do país no que vivira os primeiros… Read More 📦 Cineclube na casa #10: Open Memory Box. Filmes domésticos da RDA

🎞 Cineclube na casa #9: Nitrato argentino

“O realmente atractivo desa época, en particular vendo o caso arxentino, é que non dista demasiado do que sería unha produción de carácter independente ou experimental, nomenclaturas que son utilizadas hoxe en día, pero non daquela. Eran persoas moi apaixonadas que atoparan algo na imaxe en movemento que lles parecía superador da fotografía, e que… Read More 🎞 Cineclube na casa #9: Nitrato argentino

Abril 2021

Mércores 21 de abril ás 21:30 no Instagram do Cineclube de CompostelaNitrato argentinoCoa presenza de Carolina Cappa Mércores 28 de abril ás 21:30 no Instagram do Cineclube de CompostelaOpen Memory Box: filmes domésticos da RDACoa presenza de Laura Reboredo Raposo

✉ Cineclube na casa #8: Spoteando o horizonte. Propaganda e comunicación política

“Os elementos enunciativos [dun vídeo electoral] son o “enunciador” (rol discursivo do orador) e o “enunciatario” (rol do auditorio do anterior). O orador, que no caso da comunicación política electoral é en xeral o partido político, constrúe diversos tipos de enunciadores. Neles delégase a pronunciación da mensaxe, e a través deles adóptanse os roles que… Read More ✉ Cineclube na casa #8: Spoteando o horizonte. Propaganda e comunicación política

🚛 Cineclube na Casa #7: Proximamente. Tráilers que nos arrastraron ao cinema

“Non existe un modelo único de estética do tráiler, senón que esta depende do xénero do filme que anuncia e dos obxectivos comunicativos que persiga. Ademais, o tráiler vese influenciado pola linguaxe da televisión e do videoclip. Isto fai que o tráiler se estruture dende un punto de vista publicitario, afastándose de criterios cinematográficos. Hai… Read More 🚛 Cineclube na Casa #7: Proximamente. Tráilers que nos arrastraron ao cinema

A linguaxe e as falas – Sección Trazas na 16ª MICE do Museo do Pobo Galego

O Cineclube de Compostela volve participar un ano máis na programación de Trazas, sección da 16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, que terá lugar do 6 ao 10 de abril en Santiago de Compostela. Aquí o texto do noso socio Iván Cuevas que enmarca e contextualiza a nosa colaboración coa MICE: O uso dunha ou… Read More A linguaxe e as falas – Sección Trazas na 16ª MICE do Museo do Pobo Galego

📺 Cineclube na casa #6: Que foi de nós? Fragmentos do arquivo da TVG (1986-1993)

“Así nace unha sensación inxenua, pero profunda, de rasgar un veo, de atravesar a opacidade do saber e do acceder, tras dunha longa viaxe incerta, ao esencial dos seres e das cousas. O arquivo actúa coma un desposuimento; pregadas nalgunhas liñas aparece, non somente o inaccesible, senón o vivo. Anacos de verdade actualmente vencidos aparecen… Read More 📺 Cineclube na casa #6: Que foi de nós? Fragmentos do arquivo da TVG (1986-1993)

📺 Cineclube na casa #5: Fake news e feiras do gando. Un paseo polo arquivo dunha tele local

“As galegas só podemos chufarnos nas estatísticas de hábitos culturais no que se refire á asistencia a verbenas e á lectura de prensa diaria. As cabeceiras locais resisten, estou certa, grazas ás historias de proximidade que ninguén máis contará se desparecen. (…) Nos primeiros dousmil asegurábannos que, ao igual que os ‘call centers’, os xornais… Read More 📺 Cineclube na casa #5: Fake news e feiras do gando. Un paseo polo arquivo dunha tele local

⭐ Cineclube na casa #4: Magical Girls

“O quid do xénero das Magical Girl consiste nunha estratexia de marketing para sacarlle rendemento aos intereses específicos da audiencia, de acordo co xénero e a franxa de idade. Sobre todo, grupos de raparigas desde os catro aos nove anos, se temos en conta as idades ás que están dirixidas as franquías de xoguetes máxicos.… Read More ⭐ Cineclube na casa #4: Magical Girls

🏠 Cineclube na casa #3: sesión de animación polaca

“Floreceu coma un dos maiores mestres da animación mundial, realizando obras de intensa humanidade e dramatismo coma A dócil (1985), Paredes (1987), A liberdade da perna (1988), Franz Kafka (1991), Crime e castigo (2000), e desenrolando unha técnica específica definida por el mesmo coma ‘do revoque’ ou ‘do xeso’, parecida á pintura animada sobre vidro. Con estas obras, fortemente inspiradas nas atmosferas creadas por Kafka… Read More 🏠 Cineclube na casa #3: sesión de animación polaca