Cine e fame. “La Ricotta” de Pasolini.

“Desde o Cineclube de Compostela inauguramos sección en Pincha(e)discos con esta primeira achega. Pensamos se tería xeito facer reseñas de filmes con especial interese gastronómico (e as posibilidades eran moitas), pero en todo caso, velaquí o noso debut: imos falar sobre a fame. Diso trata o filme que traemos, La Ricotta, de Pier Paolo Pasolini.… Read More Cine e fame. “La Ricotta” de Pasolini.

O amo e o escravo

“Diso vai este xogo, de se agachar.” (Barret) Reza o dito que cada tempo se define pola interpretación que este fai de Hegel. E semella que tanto Losey como Pinter sabían onde apuntar.  Autodefinido como “marxista romántico”, Losey compartía con Harold Pinter un pasado vencellado ao teatro e certa herdanza brechtiana. Valéndose da vella dialéctica… Read More O amo e o escravo

Transitar pola estrada paralela

“Rodada en plena reconstrución xermana após da Segunda Guerra Mundial e composta na súa meirande parte de imaxes documentais gravadas mundo avante por Ferdinand Khittl e o seu guionista Bodo Blüthner, Die Parallelstrase (Ferdinand Khittl, 1962) amosa a vertixe dese mundo frenético, prodixio da xuntanza de técnica humana e natureza mentres Alemaña aínda camiña entre ruínas. O… Read More Transitar pola estrada paralela

Exceder o estándar

“Lembremos que, baixo as aparencias do xénero da ciencia ficción, Alain Resnais retoma, desprazándoos, os temas desenvolvidos polo seu amigo Chris Marker en O peirao (1962), sendo a coartada fantástica no seu caso un medio para facer pasar outro discurso, máis “realista” se así o podemos dicir. Deseguido aparecen analoxías entre ambos filmes: un mundo… Read More Exceder o estándar

Edificio España

“Eu vivía preto do edificio e, en canto souben que ía comezar un proceso de rehabilitación integral, decidín impulsivamente que dese proceso debía facer un filme documental. Ese pulo nacía da necesidade de rexistrar un edificio emblemático, o primeiro rañaceos de España e durante moito tempo centro da vida social da cidade. O primeiro que… Read More Edificio España