🪄Cincenta, Nadezhda Kosheverova e Mikhail Shapiro

Tras regresar a un Leningrado esnaquizado pola guerra, Nadezhda Kosheverova filmou un conto de fadas. Con Zolushka (Cincenta) deulle as costas á realidade e tomou un camiño resoltamente estético. Fiel a individuos e ideas, rodeouse de colaboradores próximos e vellas amizades. O director de teatro e deseñador de produción Nikolay Akimov fora o seu primeiro marido; levaba colaborando preto de 20 anos con dramaturgo escritor de sátiras Evgeny Schwartz, que escribiu o guión. Schwartz escribía obras que incorporaban elementos de contos de fadas con alusións contemporáneas (aquí, por nomear un exemplo, acerca da importancia de ter bos contactos), e o seu humor ácedo valeulle numerosas prohibicións. Non ía tomar tantos riscos con Zolushka, pero en lugar de escribir un conto conforme ao momento ideolóxico, como facía Aleksandr Ptushko nos seus filmes, escribiu palabras e liñas que resoarían e deleitarían ao público soviético durante décadas.

Ao contrario do Kamennyy tsvetok (The Stone Flower) de Ptushko, feito en Moscova e filmado en Sovcolor o ano precedente, Zolushka tivo que ser filmada en branco e negro. Con todo, os deseños en cor de Nikolay Akimov foron preservados (e moitos deles publicados en cor no libro Zolushka, zhiteli skazochnogo korolevstva (Cincenta, habitantes do reino das fadas, 2011), de Peter Bagrov, que dan a idea dun desexo intenso de crear un mundo sintético, evocador das miniaturas medievais, ilustracións de libros e decorados teatrais de finais do século XIX.

O co-director de Kosheverova foir Mikhail Shapiro, tamén de Leningrado, por segunda vez en tres colaboracións. Shapiro loitou sobre todo para que a actriz principal fose Yanina Zheymo, un dos meirandes talentos da escola da FEKS, a pesar da súa idade. «Nós non precisamos», dixo Kosheverova, «dunha sexualidade incipiente para que o papel sexa un triunfo, senón unha bondade, espontaneidade e inocencia infantil. E ninguén pode interpretar todo iso mellor que Yanina Zheymo; mesmo aos 37 anos». Ela estivo arroupada por actores tan entusiastas como Erast Garin e Fayna Ranevskaya. Esta reunión de talentos fixo do filme un éxito inmediato e duradeiro, acadando o dubidoso mérito de ser coloreado artificialmente en 2009.

[Tirado de Irène Bonnaud e Bernard Eisenschitz, Il Cinema Ritrovato, https://festival.ilcinemaritrovato.it/en/proiezione/zoluska/]

Mércores 26 de abril ás 21.30 no Pichel.
Cincenta
(Золушка [Zolushka], Nadezhda Kosheverova / Mikhail Shapiro, URSS, 1947, 84’, VOSG)

*A sesión contará con subtítulos para persoas xordas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s