🏠A caída da casa Usher, de Sibley Watson, Webber, Harrington e Švankmajer

Poe, como moitos escritores, é un sintetizador do que lle precedeu, refacendo as súas fontes para adaptalas á súa propia axenda literaria, combinándoas xunto á tradición gótica para crear un conto que se converteu nun arquetipo da conciencia literaria colectiva. A esencia do logro de Poe é que altera radicalmente as súas fontes, desposuíndoas de todo o que consideraba alleo ao efecto escollido, moldeando coidadosamente nun material verdadeiramente novo e orixinal o que quedaba. Das súas fontes góticas elimina a abundancia habitual de personaxes, simplifica a trama para construír cara un evento culminante, elimina contextos culturais, nacionais, morais, históricos ou políticos e inventa, virtualmente, o minimalismo gótico. Do “Das Majorat” de Hoffmann, Poe destripa a trama divagada, o ton narrativo lixeiro e o humor sen sentido (que garda para outro tipo de historias), personaxes adicionais, pantasmas e a historia de amor. Da narrativa de Warren, Poe elimina a esaxerada sensibilidade emocional característica da época, o diálogo e as flutuacións de ton. No seu lugar ofrécenos un conto máis traballado, infundindo á arte gótica dunha sensibilidade máis moderna que sonda as profundidades da psicoloxía humana como preocupación central xunto cunha irónica autorreflexividade. Isto explica en gran parte a popularidade continua de Poe e “Usher”. Tras fuxir de formas anticuadas de sentimento e moralidade, Poe crea unha historia atemporal.

(…)

A fórmula Usher é realmente un nome erróneo xa que non se pode reducir a unha definición simple. Máis ben, é un conxunto fluído de variábeis que inclúe elementos da trama, personaxes, imaxinería, atmosfera e matices psicolóxicos. Malia estes elementos dispares, a fórmula, aínda que complexa, constitúe un patrón recoñecíbel. Comezamos a descubrila examinando tres elementos chave que crean a trama básica baixo “Usher” e os seus descendentes: un forasteiro, con problemas psicolóxicos, chega a unha casa a piques de colapsar que está chea de segredos e traumas do pasado e comeza a fundirse coa casa, converténdose a casa nun reflexo do inconsciente do forasteiro cos seus segredos, medos e traumas. Comeza así un proceso de deterioro e colapso que leva a un final apocalíptico. Xunto a esta estrutura hai unha muller encerrada ou reprimida dalgún xeito. Ademais, “Usher” está ambientada nun estraño país dos soños, un lugar onde a realidade e a irrealidade se mesturan.

Mércores 12 de abril ás 21.30 no Pichel
A caída da casa Usher
(The Fall of the House of Usher, James Sibley Watson / Melville Webber, EUA, 1928, 13’, VOSG)
A caída da casa Usher
(The Fall of the House of Usher, Curtis Harrington, EUA, 1942, 10’, VOSG)
Usher
(Usher, Curtis Harrington, EUA, 2000, 37’, VOSG)
A caída da casa Usher
(Zánik domu Usherů, Jan Švankmajer, Checoslovaquia, 1982, 15’, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s