
O Cineclube de Compostela volve encargarse da sección Trazas na XVIII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que comeza este mércores. A programación do Cineclube trasládase pois esta semana ás sesións desta sección do festival, este ano dedicada ao concepto do rururbano.
TRAZAS
18ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO
Do 15 ao 21 de marzo de 2023
Mércores 15 de marzo ás 22:00 no Teatro Principal
As cidades e os trocos
(As cidades e as trocas, Luisa Homem / Pedro Pinho, Portugal, 2014, 139′, VOSG)
Venres 17 de marzo ás 20:30 en Numax
O bocadillo
(السندويش [Al-Sandawich], Atteyat el-Abnoudy, Exipto, 1975, 12′, VOSE)
O paso de Conwy
(The Conwy Crossing, Stephen Hewitt / David Shaw, Gales, 1991, 17′, VOSG)
Guías turísticas satánicas: Polígono de Coia (Vigo)
(Guías turísticas satánicas: Polígono de Coia (Vigo), Galiza, Vicisitud y Sordidez, 2014, 9′, VO)
Sábado 18 de marzo ás 19:00 no Museo do Pobo Galego
Contras’ City
(Contras’ City, Djibril Diop Mambéty, Senegal, 1969, 22′, VOSE)
Boca de Lixo
(Boca de Lixo, Eduardo Coutinho, Brasil, 1993, 50′, VOSG)