Vampiro, de Carl Theodor Dreyer

[…] Unha metáfora que Dreyer emprega para explicar o efecto no espectador que pretendía con Vampyr, frecuentemente citada na literatura académica, demostra a maneira na que o director é quen de converter unha limitación técnica nunha virtude estética:

«Imaxina que estamos nunha habitación ordinaria. De súpeto decatámonos de que hai un morto de pé detrás da porta. Nese preciso instante a habitación na que estamos comeza a cambiar, e as cousas convértense no que percibimos. Este é o efecto que quería producir no meu filme».

O efecto que ten en mente depende precisamente do feito de que ao espectador se lle impida o acceso visual á fonte do terror. Existe alén do rango de visión, só suxerida ou intuída no espazo visual da pantalla. Tais intervencións discursivas paracinematográficas por parte de Dreyer son responsábeis parciais da inclusión do filme nunha categoría estética avangardista privilexiada. A negación de visión en Vampyr é atribuída non a unha narrativa visual torpe, as limitacións impostas polas dificultades económicas ou o carácter multilingüe do filme, senón mais ben a unha intención artística que oculta a propósito tanto como revela. O efecto de Vampyr depende, segundo a cita superior, non en mostrar, senón en agochar estratexicamente, en insinuar un obvio «espazo cego» alén do campo visual da pantalla e en socavar sistematicamente os esforzos da cámara para analizar e facer continuo o espazo cinematográfico. Quen queira ver na utilización en Vampyr deste «espazo cego» unha indicación de certa sorte de determinismo xenérico por virtude da súa inclusión no xénero de terror ou polo seu estatus paradigmático da categoría fantástica de Todorov debería considerar as formas nas que Dreyer emprega unha estética virtual  moito mais extractiva que outros exemplos contemporáneos de terror sobrenatural. Por exemplo, no Frankenstein de James Whale, o Dr. Jeckyll and Mr. Hyde de Rouben Mamoulian  e Drácula de Tod Browning (todos eles de 1931), o espectador é orientado xeralmente nun espazo cinematográfico continuo e ofréceselle un sentido da seguridade visual e epistemolóxica que lle é constantemente negado en Vampyr.

[Tirado de Bigelow, Benjamin. ‘Lurking in the blind space: Vampyr and the multilinguals’, Journal of Scandinavian Cinema, 5: 3, pp. 223-239, doi: 10.1386/jsca.5.3.223_1]

Mércores 1 de marzo ás 21:30 no Pichel
Vampiro
(Vampyr, Carl Theodor Dreyer, Alemaña-Francia, 1932, 65′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s