Crónica dun neno só, de Leonardo Favio

A achega a un filme como Crónica dun neno só (1965), desde a perspectiva actual, resulta de por si unha experiencia de especial interese. Nos últimos vinte anos, logo do retorno da democracia, a crítica e a historiografía do cinema publicaron numerosos traballos sobre o cinema arxentino. Desde a ollada dos últimos anos na década de 1980, particularmente abocada a reconstruír unha historia do cinema nacional vencellada aos procesos políticos vividos, centrouse no desenvolvemento do chamado cinema da democracia, na apertura -ou reapertura- da distribución internacional, na caída dos aparatos de censura e na análise sociolóxica do seu efecto sobre os temas tratados ata a devanceira ditadura militar. Nos noventa, e especificamente nos últimos anos desta década, a mirada dirixiuse cara ao cinema como expresión cultural e ideolóxica, e cara ao acto de filmar a súa dimensión política. Neste sentido, os filmes “político-militantes” da década dos setenta como o do Grupo Cine-Liberación e o proxecto dun Terceiro Cinema, volveron a relerse máis a través dunha significación como praxe política e cultural que no seu senso estritamente cinematográfico.

Dentro destas correntes críticas, Leonardo Favio é unha figura difícil de catalogar dentro da súa xeración e das tendencias estéticas e ideolóxicas, en particular, de atendermos aos seus inicios, aló polos anos sesenta. […] A súa cinematografía considérase en cada caso unha expresión xenuína de estética e compromiso, con valores artísticos propios e cun valor engadido de preocupación ética coa que, sen propostas intelectuais explícitas, Favio fai un cinema que non volve ocorrer máis na Arxentina”.

[Tirado de: Carbonetti, María de los Ángeles.”El huevo de la serpiente: Crónica de un niño solo de Leonardo Favio”. Anclajes (IV), 2000, pp. 39-55]

Mércores 8 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Crónica dun neno só
(Crónica de un niño solo, Leonardo Favio, Arxentina, 1965, 79′, VO)
Presentada por Carolina Cappa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s