O home do oeste, de Anthony Mann

“Malia este inequívoco deterioro, esta aparente sequidade no máis virxiliano dos cineastas… penso que se un volve ver O home de Laramie, A estrela de lata e O home do oeste seguidas, pode ser que quizais esta simplificación extrema é unha empresa e a construción dramática sistematicamente máis e máis lineal é unha busca: nese caso a empresa e a busca serían, como revela agora O home do oeste, un paso adiante.

Mais un paso adiante en que dirección? En dirección a un estilo de western que para algúns lembrará a Conrad e para outros a Simenon e, para min, non lembra a nada, pois non vin algo tan novo desde (por que non?) Griffith. Tal como o metteur en scène de O nacemento dunha nación [Birth of a Nation, 1915] daba a impresión de inventar o cinema a cada plano, cada plano de O home do oeste dá a impresión de que Anthony Mann reinventa o western, da mesma forma que, digamos, Matisse reinventou os trazos de Piero della Francesca. Realmente é máis que unha impresión: el reinventa de verdade. Digo, re-inventa; noutras palabras, el amosa ao tempo que demostra, innova ao tempo que copia, critica ao tempo que crea. En suma, O home do oeste é un curso ao mesmo tempo que un discurso, ou a beleza das paisaxes ao mesmo tempo que a explicación desa beleza; é o misterio das armas de fogo ao mesmo tempo que o segredo dese misterio; é a arte ao mesmo tempo que a teoría da arte… do western, o máis cinematográfico dos xéneros do cinema, se podo dicilo así. O resultado é que O home do oeste é simplemente unha admirable lección do cinema; do cinema moderno“.

[Publicado orixinalmente en Cahiers du Cinéma, nº 92, febreiro de 1959]

Mércores 12 de outubro de 2022 ás 21:30 no Pichel

O home do oeste
(Man of the West, Anthony Mann, EUA, 1958, 100′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s