Fíos, de Mick Jackson

Ás nove e media da noite dun sábado de setembro en 1984, a BBC emitiu unha das obras máis sorprendentes feitas xamais. Fíos mostrou no televisor o devastador efecto dun ataque nuclear sobre a cidade e as consecuencias do que lle podería pasar á xente común.

Ese mesmo mes Nicholas Booth ía comezar o último ano do seu grado en Física. Vendo a película decatouse de algo evidente para calquera que se dedicase á investigación nuclear —isto é, tal e como dixo un físico cando foi detonada a primeira bomba nunha proba en 1945, “Agora somos todos uns fillos de puta>”.

Máis tarde, escribindo sobre ciencia e destrución para xornais de tiraxe nacional, Nick reparou en que en definitiva as estatísticas e a xerga carecen de sentido. A realidade do terror gótico foi mellor captada cando Sheffield —a efectos dramáticos— voou polos aires un luns pola mañá arredor das oito e media.

Polo que respecta ás imaxes cinematográficas hai poucas tan memorables como a espantosa nube de cogomelo ou a destrución sen sentido que de certo seguiría a unha explosión nuclear. Pero un rego de ouriños e un par de zapatos brancos de baixa calidade, incluídos nunha secuencia de caos no centro urbano de Sheffield foron máis que suficiente para traumatizar a unha xeración.

O mal desatado en forma de xenio atómico resultou ser un dos programas de televisión mais sinistros da historia. Con pouco menos de dúas horas de duración, Fíos remitiu ás ligazóns inestables que manteñen a sociedade unida e o fácil que sería que se descosesen de haber un ataque nuclear. Ao mostrar o que lle pasaría á cidade de Sheffield, o resto do país tampouco podería escapar do pesadelo que o envolvería enteiro.

[Tirado de “The evening Sheffield was blown up on television“, publicado por Nicholas Booth no Sheffield Tribune]

Mércores 20 de abril ás 21:30 no Pichel
Fíos
(Threads, Mick Jackson, Reino Unido-Australia-EUA, 1984, 110′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s