A hora incógnita, de Mariano Ozores

“Ao ofrecer un decorado local como escenario posíbel para unha crise internacional, a película A hora incógnita exemplifica o trazo máis importante do cinema apocalíptico español: a dialéctica entre o nacional e o transnacional. A natureza única deste filme dentro da produción cómica de Mariano Ozores explica por que foi maioritariamente ignorado polos críticos, malia á calidade do traballo. Estreada en pleno réxime franquista, A hora incógnita ofrece unha representación alegórica dos vicios sociais que lembra O gran teatro do mundo, o auto sacramental do dramaturgo do século XVII Pedro Calderón de la Barca: aqueles que non foron evacuados a tempo verán as súas vidas expostas (a través do diálogo) en fronte dos demais, confrontarán unha morte segura, veranse forzados a conversar cunha figura central moral (un cura) e estarán suxeitos ao xuízo divino.”

(Carmen Moreno-Nuño  (2019):  «When One Apocalypse is Not Enough: Representations of the End Times in Spanish Cinema (1962–2017)», Hispanic Issues On Line, 23, p. 208. Dispoñíbel en https://conservancy.umn.edu/bitstream/handle/11299/212933/hiol_23_09_moreno-nuno.pdf

“Todos os filmes que fixen son encargos, menos a miña cuarta película. Eu comecei facendo cinema cómico, e entón montamos unha produtora cos meus irmáns José Luis e Antonio e con meus pais [os actores Mariano Ozores e Luisa Puchol] e fixemos tres ou catro filmes que funcionaron moi ben. Daquela crinme Lubitsch e dixen: “Agora imos facer un filme en serio, bo, importante, gordo”. Moi ben, fixemos A hora incógnita (1963), que foi un éxito de crítica. Non che digo máis que foi unha ruína económica completa. Nunha época na que un filme custaba un millón, o noso custou catro. Desde entón prometinme a min mesmo que só faría o filme que quixera ver o público e que lle gustara. Eu impórtome un carallo, entendes?”

(Mariano Ozores en David Trueba (2015) «”Me prometí hacer solo las películas que quiere el público”», El País, 30-12-2015. Dispoñíbel en https://elpais.com/elpais/2015/12/22/eps/1450806420_683187.html

Mércores 6 de abril ás 21:30 no Pichel
A hora incógnita
(La hora incógnita, Mariano Ozores, Estado Español, 1964, 100′, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s