Traballos invisíbeis – Trazas na 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Trazas é o nome da sección que vimos programando para a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego desde hai uns anos. Nesta ocasión colaboramos co artista visual Vicente Vázquez para seleccionar as pezas de Trazas, que complementan o tema xeral da MICE este ano: o traballo.

Desde os seus primeiros momentos, hai unha estreita vinculación entre o cinema e o traballo; cabe lembrar aquí que a primeira gravación dos irmáns Lumière é a Saída dos obreiros da fábrica, filmación paradigmática á hora de establecer este tipo de lazos. Tanto dentro do documental como na ficción, vai haber unha veta que tente vencellarse estreitamente ao traballo buscando as pegadas no real de operarios, industria e mecanismos de produción, desde os intentos na época das vangardas de representar a clase obreira, ata os experimentos ensaísticos de finais dos 60 e principios dos 70 de certos grupos de acción que inclúen por igual cineastas e persoal do traballo. 

Este ciclo busca visualizar os traballos invisíbeis, os temas tabús normalmente apartados da cultura obreira a través dunha serie de propostas formal e tematicamente provocadoras. A primeira sesión está vehiculada pola integración no mercado laboral e o concepto do traballo como capital; na segunda trátanse traballos que non consideramos como tales, o que fai que quen se dedica a eles quede á marxe do sistema e da posible protección laboral; a terceira é unha contraposición entre o traballo como artesanía e o traballo como industria; a derradeira, céntrase no material gravado por Ferran Llagostera sobre o Gran Sol.

TRAZAS
17ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO

Martes 29 de marzo ás 20:30 no Teatro Principal
Sobre algo diferente
(O necem jiném, Věra Chytilová, Checoslovaquia, 1963, 90′)

Mércores 30 de marzo ás 20:30 no Teatro Principal
Tres moedas de vinte e cinco
(Three Quarters, Kevin Jerome Everson, EUA, 2015, 5′)
As prostitutas de Lyon falan
(Les prostitutées de Lyon parlent, Carole Roussopoulos, Francia, 1975, 46′)

Xoves 31 de marzo ás 18:00 en Numax
Mans: monotipo Shannon
(Hands: Shannon One Design, David e Sally Shaw Smith, Irlanda, 1981, 26′)
Clase de loita
(Classe de lutte, Groupe Medvedkine de Besançon, Francia, 1969, 40′)

Sábado 2 de abril ás 18:00 en Numax
O mar dos peixes
(El mar de los peces, Ferran Llagostera, 1988, 100′)
Coa presenza do director

[Máis información na web da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s