Natureza morta, de Harun Farocki

Cinco ensaios aforísticos sobre a pintura de naturezas mortas na Holanda do século XVII, de arredor de tres minutos cada un, serven de parénteses para catro secuencias documentais de fotógrafos creando naturezas mortas modernas para publicidades de revistas. Estes dous niveis, a pesar de estar definidos por opostos (estatismo/movemento, contar/amosar) están vinculados por motivos e rimas visuais, tal como os produtos modernos funcionan como un eco dos suxeitos das pinturas. As secuencias documentais non teñen comentario, a maioría duran de dez a quince minutos e seguen o exemplo do filme previo de Farocki Ein bild [Unha imaxe, 1983]. Naquela curta gravou a sesión dunhas páxinas centrais da Playboy alemana, desde a construción de sets e a preparación do atrezzo (incluíndo á propia modelo) á toma, análise e retoma das fotografías, e ao equipo finalmente deixando o estudio. Se a modelo espida en Unha imaxe era manipulada como unha peza de froita para ser colocada, iluminada e presentada ao espectador o máis desexable posible, o foco continuo en Natureza morta no queixo, a cervexa e os reloxos de pulseira (ubicados en pedestais, discutidos ata a extenuación por artesáns sombríos, abrazados por travellings repetitivos, lentos e semicirculares, e iluminados brillantemente como se a luz saíse de dentro deles) amáñase para dar aos obxectos unha presenza espiritual real, aquela do fetiche (da mercadoría), afastado do seu modo de produción ou valor de uso orixinal. Esta relación é anticipada por unha das primeiras naturezas mortas, na que un monte de comida leva o ollo a unha aperta roubada no fondo; desexo + consumo = fartura sexual.

Un fotógrafo en Natureza morta suxire: “Vexamos que di a Polaroid”. O proceso de crear imaxes; a análise do seu significado, manipulación, utilización e reutilización; a restauración dos seus produtores ocultos e das súas relacións socioeconómicas máis amplas (un detalle dun cadro amosa ao artista reflectido nun cristal, un emblema do autor-director deste filme, recoñecendo a súa propia implicación neste proceso): estes son temas recorrentes na obra de Farocki.

[Tirado de “Still Life”, de Darragh O’Donoghue, publicado en Cineaste

Mércores 23 de marzo ás 21:30 no Pichel
Natureza morta
(Still Life, Bruce Baillie, EUA, 1966, 2′, VO)
Natureza morta
(Stilleben, Harun Farocki, Alemaña, 1997, 58′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s