Natureza morta, de Sohrab Shahid-Saless

Se tivésemos que imaxinar unha influencia para Shahid Saless, a psicoanálise do mundo cotián de Chékhov sería quizais o principal factor. […] Pero non só. Creo tamén que cando Shahid Saless concibiu Natureza morta tiña en mente a e dialogaba con Paul Cézanne, cuxa “Natureza morta con froiteiro” (1879-82), cos seus contornos deliberados e as súas sombras contemplativas, é palpabelmente evidente nos encadres e na posta en escena de Shahid Saless. […]

Reparade, por exemplo, en que Cezanne é coñecido pola súa habilidade para trazar unha sucesión de simetrías que se entrecruzan nas súas naturezas mortas e xeran así eixos enfrontados que animan os cadros malia á alegación evidente de estaren inanimados. Este aspecto da pintura de Cézanne é fundamental para a tradución cinematográfica que Shahid Saless fai da propia noción da natureza morta. Cézanne tamén manipulaba a textura da pintura usando diferentes graos de materialidade, nunha conversación amigábel entre o opaco e o transparente, o atmosférico e o existencial, o real e o surreal. Shahid Saless traduciu este paradoxo compositivo no seu intento deliberado de navegar pola evidencia microscópica da vida en momentos por outra banda estacionarios. […]

O que sempre me fascinou de Natureza morta é como eses cadros conteñen o percorrido de toda unha vida na instantánea dun momento. A clave de ver a vida na inmobilidade dese momento, e así o momento, como o entendían tanto Rumi como Cioran, creo (aínda que non estou tan certo), xa non é cuestión da duración temporal. É un tipo de momento, un momento metafórico se cadra, que sostén toda unha vida, a vida, a duración e o contorno dun universo”.

[Tirado de Hamid Dabashi: Masters & Masterpieces of Iranian Cinema. Washington: Mage Publishers, 2007 196-197]

Mércores 9 de marzo ás 21:30 no Pichel
Natureza morta
(طبیعت بی‌جان [Tabiate bijan], Sohrab Shahid-Saless, Irán, 1974, 93′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s